Delega o teu voto para a Xunta Xeral de Accionistas do BBVA na CIG, en Mª Carmen García González (oficina 2200 A Coruña)

6 de marzo de 2026

Por unha iguladade real no BBVA

BBVA asinou en 2023 un Plan de Igualdade no que asume que ten unha Auditoría Salarial fallida.

Os sindicatos asinantes deron un balón de osíxeno de 18 meses no propio Plan para negociar un novo Sistema de Avaliación de Postos de Igual Valor. Os 18 meses remataron en xaneiro de 2025 e chocaron cunha OPA que, sendo o único importante nese momento, deixou na «lista de agarda» o desenvolvemento dun sistema que nos permita coñecer a fenda salarial real no BBVA. Cousa imposíbel até o momento.

En xuño de 2025 o banco convocou só aos sindicatos asinantes a unha xuntanza na que presentou un novo sistema para a avaliación de postos, non negociado.

A CIG non foi convocada e, como xa lle indicamos á empresa, a negociación deste novo sistema é unha competencia da Mesa Negociadora na que temos que estar todas as partes. Non se pode deixar fóra a ninguén baixo o pretexto de facelo a través dunha comisión de seguimento. Cada cousa para o que é. O Plan de Igualdade remata en 2027. Botade contas.

Celebramos este 8M con sobrados motivos para reclamar ao BBVA que se suba «de verdade» ao carro do feminismo, con plena consciencia:

  • Queremos coñecer a Fenda Salarial real e os seus motivos.
  • Queremos non ter que acadar os mesmos obxectivos se estamos en redución de xornada e salario.
  • Queremos facer extensiva a concreción horaria como a mellor ferramenta de conciliación e non ter que renunciar ao noso salario.
  • Queremos eliminar o chan pegañento que discrimina a tantas compañeiras e frustra carreiras e talento.
  • (escribe o teu motivo)

Sobran os motivos para saír á rúa, tamén por unha igualdade real no BBVA, porque o 8M vai de loita e reivindicación, súmate á CIG!

8M

12 de febreiro de 2026

A trampa da Retribución Variábel Vs. Incremento dos Obxectivos

A trampa da Retribución Variábel Vs. Incremento dos Obxectivos

O que o banco vende como unha «Gratificación Extraordinaria» no incentivo non é máis que afondar no de sempre: maiores retribucións para quen xa cobran grandes bonus (mandos intermedios e dirección) e migallas miserentas para quen realmente xerou os enormes beneficios de 2025 (o persoal das oficinas).

Porque ese 0,75 % (non chega nin ao 1 %), a maiores sobre o bonus percibido no primeiro cuadrimestre, e o 25,05 % do percibido no segundo, non é igual para quen cobrou 1.000   no cuadrimestre que para quen recibiu 10.000 

16 de xaneiro de 2026

Continúa a perda salarial (e a banca con beneficios históricos)

Stop! Perda Salarial

O IPC pechou en 2025 no 2,9 % e a suba dos nosos salarios para este ano non chega nin a cubrir a suba do custo da vida (con este nefasto convenio nin recuperamos a brutal perda de poder adquisitivo anterior nin cortamos a mesma). En 2026 a suba do Salario Base de Nivel será do 2,75 % e a de outros conceptos como as antigüidades (xeral e de técnicas/os) do 2 %

As previsións son que neste ano continúen a subir, de xeito significativo, os prezos dos servizos básicos como o a vivenda ou a alimentación (o importe da axuda alimentar para as xornadas partidas, continuará en 11 , sen suba desde 2023).

1 de xaneiro de 2026

Calendario laboral 2026

Consonte ao 46/2025 da Xunta de Galicia, foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG  46 e 210) o para o ano 2026 na Comunidade Autónoma de . As festas laborais e serán as seguintes:


  • 1 de xaneiro: Aninovo.
  • 6 de xaneiro: Reis.
  • 19 de marzo: San Xosé.
  • 2 de abril: Xoves Santo.
  • 3 de abril: Venres Santo.
  • 1 de maio: Día do Traballo.
  • 24 de xuño: San Xoán.
  • 25 de xullo: Día Nacional de Galiza.
  • 15 de agosto: Asunción.
  • 12 de outubro: Festa Nacional de España.
  • 8 de decembro: Inmaculada.
  • 25 de decembro: Nadal.


As festas mencionadas terán carácter obrigatorio e non recuperábel.