Estase a cargar, agarde un momento por favor!

15 de xaneiro de 2016

Sabes canto che furta a empresa?   Nós si, por iso a demandamos na Audiencia Nacional

Escoitaches falar da xente que asina nóminas de 1.000 euros e cobra 500? A ti pásache algo semellante. A maior parte do persoal do BBVA está sufrindo ese tipo de prácticas cando realiza horas extraordinarias que non son pagadas, nin compensadas con libranza.

Hai xente que pensa que está por riba do Convenio Colectivo grazas aos complementos «voluntarios», pero realiza horas extras sen control e máis alá do límite legal. Compensa o que pagan? Estás por riba do convenio? É doado de calcular.

Custe estatístico horas extras e importe a cobrar MENSUAL
segundo horas extras realizadas á semana (en euros)

Salario Anual Custe hora extra h. semanais h. semanais h. semanais
20.000   20,59 164,72 247,08 411,80
25.000   25,73 205,84 308,76 514,60
30.000   30,88 247,04 370,56 617,60
35.000   36,03 288,24 432,36 720,60

cadro

Ten en conta que se a empresa te convoca a unha reunión ou curso fóra da xornada laboral, nun centro de traballo distinto do teu, o desprazamento ten tamén a consideración de horas extraordinarias.

Ademais, as nosas horas extras non pagadas permiten á empresa reducir persoal, poñendo en perigo os postos de traballo, tamén o teu. Para evitalo as horas extras están limitadas por Lei a un máximo de 80 horas anuais, un límite que o BBVA tamén se salta pola falta de rexistro.

As horas extraordinarias son unha fraude á Seguridade Social (non se cotizan) e a Facenda (non se tributan). Son realizadas por presión dos superiores ou por exceso de traballo. A CIG non quere que che obriguen a regalarlle a túa vida ao banco, o noso tempo de lecer é a nosa vida.

Por todo isto, a CIG presentou un conflito colectivo contra o BBVA para que implante un rexistro horario. O pasado 29 de decembro celebrouse a arbitraxe previa no SIMA en , o BBVA negouse a implantar o control horario (e seguir defraudando). A seguinte parada é na Audiencia Nacional.





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 160115 [.pdf • 148 kB]


Ningún comentario: