Estase a cargar, agarde un momento por favor!

2 de novembro de 2011

Cartos non hai, pero de tempo andamos sobrados

Manifestación da CIG (Confederación Intersindical Galega) no 2007 en CompostelaManifestación da CIG no 2007. Foto: (cc)  CIG 
Despois do parón dun mes sen reunións da , a reunión de hoxe non aportou ningún dato novo que vos achegar. Os motivos para tanto tempo entre reunións tiña que ser aproximar posturas e concretar propostas. O certo é que tan só se fixo un repaso xeral das plataformas que están sobre a mesa dende a primavera.

A AEB reafirma como eixos principais da negociación para un Convenio «viable», baixo o argumento de que se a situación económica era mala en marzo agora é aínda peor, os seguintes:

  • A conxelación de subas salariais para este ano e o que vén, coa habilitación dunha fórmula, que segue sen concretar para os dous anos seguintes en relación cos beneficios de cada entidade.
  • O establecemento de protocolos de actuación responsable no tema de emprego para o panorama de fusións e redución de cadros de persoal que parece que se aproximan.
    Ao noso entender, buscan o respaldo sindical para tranquilizar ao persoal que se poida ver afectado, pero quedando cada empresa con toda a liberdade para actuar como lles pareza. Non seremos nós quen sexamos cómplices de tal despropósito, que ademáis non deberá ser materia de Convenio.
  • Respecto do tema de pensións, queren adaptar o texto do Convenio á (promovida por CC.OO e UGT) pero protexéndose, xa que o requisito principal para a AEB é que non lles supoña en ningún caso un maior custe económico.
Pola súa banda, os sindicatos maioritarios parecen dispostos a entrar a negociar todos estes temas. O que non acabamos de ver é en que beneficia ao persoal da banca.

Posición da CIG:

  • Tras sete meses de reunións, non se produciron avances, e as reunións comezan a ter un ritmo mensual en lugar de quincenal.
  • Non atopamos motivos que xustifiquen as posturas da patronal, xa que as entidades seguen a dar beneficios, nin entendemos a quen pode beneficiar ralentizar o ritmo das negociacións.
  • De seguir así teremos que levar as nosas reivindicacións á rúa e diante da opinión pública. A defensa dos nosos dereitos como traballadores e traballadoras así o require.
A próxima reunión será o 23 de novembro (Adiada a reunión para o 15 de decembro).
Seguiremos informando.

 

Convenio Galego Xa!
Comunicado 111102 [.pdf • 36 Kb]

Ningún comentario: