Estase a cargar, agarde un momento por favor!

10 de febreiro de 2011

UGT e CC.OO venderon as nosas pensións.

Toxo e Méndez de Comisións Obreiras e Unión Xeral dos Traballodores

Estes dirixentes teñen poder para facer isto porque os traballadores e traballadoras llo outorgamos. Sendo representantes sindicais e afiliados destes sindicatos estades avalando a súa política e perdendo os vosos dereitos. Non colaboredes con eles.


1

Estiveron a negociar durante un mes para finalmente aceptar o que quería o Goberno:  retrasar a xubilación aos 67 anos  con carácter xeral e incrementar o cálculo da pensión dos 15 aos últimos 25 anos traballados. Estas medidas, segundo o propio Ministerio de Traballo,  reducirán aproximadamente un 27% a cuantía das nosas pensións .

2

O Acordo para a Reforma das Pensións é unha das medidas máis duras contra os desempregados/as. Cada ano xubílanse aproximadamente 150.000 persoas.  Retrasar a xubilación significa retrasar a entrada dos novos no traballo.  Como poden explicar aos 4.700.000 desempregados e desempregadas que con esta reforma terán máis dificultades para atopar emprego?

3

 O sistema de pensións nunca estivo en perigo  e ten asegurado o futuro. O ano pasado, con 4.700.000 parados, tivo 2.382 millóns de euros de superávit, máis 8.000 millóns de cuotas aprazadas ás empresas. Este pacto sobre as pensións deixa satisfeitas a banca e as corporacións financeiras, posto que  derivará miles de millóns de euros a pensións privadas. Isto é o que querían. 

4

Noutros países de Europa, a maiores das propias cotizacións, as pensións tamén se financian con partidas de impostos xa aplicados, como os dos carburantes, IRPF, ou IVE. Por que non o fan aquí? Sabías que coas cotizacións da Seguridade Social pagamos ás mútuas e os salarios dos seus executivos que superan os 200 mil ao ano? Por que non reforman isto e disporíamos de máis diñeiro para as pensións?

5

Desde hai anos tanto  UGT como CC.OO xestionan Plans Privados de Pensións  en colaboración co BBVA. Aceptan esta reforma e ao mesmo tempo incrementarán o seu negocio como se fosen un Banco.

6

Como explicarán estes sindicatos aos traballadores e traballadoras dos sectores máis castigados fisicamente (construción, naval, automóbil, industria, conserva, limpeza, textil, hostalaría, supermercados, mar, etc.) que  terán que xubilarse como mínimo aos 63 anos  pero que nesta idade  terán uns descontos aínda maiores , un 7'5% por cada ano ata os 67?

7

O Estado español (con Irlanda e Reino Unido) é agora, en virtude deste pacto asinado por CC.OO e UGT,  o que máis retrasa a idade de xubilación  na Europa dos 25.

8

As reformas buscan sempre diminuir as rendas da clase traballadora para transferilas ao capital. A reforma laboral de setembro deixanos máis indefensos para defendernos, con menos dereitos temos menos forza para defender os nosos convenios. A ecuación é simple:  menos salario traballando máis.  A reforma das pensións busca o mesmo,  menor renda para nós e máis para o capital financeiro. 

O incremento da idade de xubilación e o empobrecemento das pensións.



Fronte aos ataques do capital, a Confederación Intersindical Galega (CIG) loitaba na rúa e poñíase de manifesto un novo exemplo de dignidade da clase traballadora galega, CC.OO e UGT vendían as nosas pensións.


Os Datos da Reforma das Pensións


Esto é como nos afecta a sinatura do PSOE, CC.OO, UGT e a CEOE


ANTES

Período de cálculo

15 últimos anos traballados


Idade de xubilación

65 anos


Período mínimo de cotización para cobrar o 100% da pensión

35 anos


Idade mínima de xubilación

61 anos



DESPOIS

Amplía novamente o período

25 últimos anos traballados


Aumenta

67 anos


Aumenta o período mínimo para xubilarse

Aos 65 anos: 38 anos e 6 meses
Aos 67 anos: 37 anos


Eleva a Idade mínima

63 anos e 33 anos cotizados




Introduce mecanismos para empobrecer automáticamente as pensións no futuro.

Desde o 2027 o sistema de pensións será revisado cada 5 anos para adaptalo á evolución do sistema.

Outro modelo económico e social é posíbel

Todas estas reformas (laboral, pensións, negociación colectiva) demostran que o verdadeiramente está en xogo é o modelo económico e social. O poder económico e o político que serve os seus intereses están a intentar afondar no modelo de capitalismo neoliberal, un modelo fracasado porque na práctica supón maiores desigualdades sociais, maior concentración de riqueza e unha inxustiza social manifiesta ao dificultar que a maior parte da poboación poida gozar duns dereitos laborais e sociais mínimos.

O único xeito de cambiar isto e conseguir políticas estruturais que sitúen á clase traballadora nun escenario máis favorábel é mediante un traballo activo de concienciación, mobilización e contestación social.

Resulta imprescindíbel continuar coa acumulación de forzas que permita dar unha resposta ás agresións, en forma de recortes de dereitos, que se están a producir.
A loita continúa




1 comentario:

Rubén dixo...

Menos mal que os tenemos a vosotros. Ya no me fiaba mucho de Comisiones ni de UGT ya hora con lo de las pensiones se ha descubierto cual es su juego