Estase a cargar, agarde un momento por favor!

2 de febreiro de 2017

A CIG denunciará en Europa as agresivas políticas comerciais da banca

Presentadas iniciativas na Cámara Galega
En decembro, a CIG—Banca arrancaba unha campaña, ese mesmo mes mantivéronse as primeiras reunións no , que fructificaron na presentación de varias iniciativas. En xaneiro mantivéronse encontros de carácter europeo. Ademais o sindicato vasco LAB, xa se dirixiu a CIG interesándose pola campaña.


 Reunión coa europarlamentaria do BNG Ana Miranda.


 Reunión coa europarlamentaria de AGE Lidia Senra.
O Parlamento Galego debatirá dúas iniciativas parlamentares. «Estas iniciativas que lles trasladamos aos grupos son prácticas, din dende a CIG, por iso, entre outras cuestións, solicitamos que a CNMV valide a certificación profesional por experiencia, evitando así as certificacións da EPFA». As iniciativas foron presentadas polo Grupo Parlamentar do BNG.

Ademais das actuacións a nivel galego, e dado que as normativas bancarias son europeas (coma os regulamentos sobre retribucións variables ou sobre as necesidades formativas de quen asesora), xa se mantiveron reunións a nivel europeo.

O 20 de xaneiro houbo unha reunión coa europarlamentar do BNG que, entre outras cuestións, xa tramitou unha petición de reunión da CIG coa ESMA (autoridade bancaria europea) e co europarlamentar do Grupo Ale, que foi ponente na tramitación da MiFID II.

O 27 de xaneiro a reunión foi coa europarlamentar de AGE , que se comprometeu a tramitar distintas iniciativas ante a Eurocámara, así como a facilitar que representantes da CIG podamos manter diversas reunións no Europarlamento.

Por outra parte, xa están solicitadas entrevistas con Grupos do Congreso, estando á espera da confirmación da primeiras reunións.

Tamén dende o sindicato vasco LAB, interesáronse pola campaña da CIG—Banca, polo que poderían levarse adiante iniciativas conxuntas. Pola súa banda, CC.OO, fixo público un comunicado, que pode dar lugar a maior confusión; a EFPA (asociación da que son socios os bancos) non pode fixar os requisitos formativos, din dende a CIG. Isto corresponde as autoridades españolas, nomeadamente a través da CNMV, por iso lle pedimos que conte cos sindicatos.





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170202 [.pdf • 488 kB]


Ningún comentario: