18 de agosto de 2011

Non asinamos na lista do teletraballo

Un dos riscos do teletraballo pode ser a soedadeA soedade do teletraballo. Foto: (cc) Josh Liba  
O pasado día 27, CC.OO, UGT e ACB asinaron o acordo colectivo de teletraballo [.pdf • 30 Kb] que vai servir de saída para que a empresa solucione o problema de espazo que lle vai xurdir en 12 ou 18 meses cando queira trasladar a xente que traballa en Azca á nova ubicación de «Las Tablas».

Solucionado ese problema, BBVA poderá seguir aforrando cartos mandando a parte do persoal a traballar dende casa ou non, pero o marco colectivo xa o teñen, grazas a quen o asinou.

En principio, en Galiza non deberamos ter unha grande incidencia desta modalidade laboral, dende o momento en que non afectará a postos de rede comercial pola súa natureza, e só podería implantarse en postos de apoio, servizos centrais, ...

En calquera caso, unha vez máis nos toca facer un acto de responsabilidade e ser o sindicato do non na defensa dos nosos/vosos dereitos, polos seguintes motivos:


  • Non existe un marco legal europeo, no Estado ou en Galiza que desenvolva este tema.
  • Non se basea na posibilidade de mellorar a conciliación da vida persoal e laboral dos traballadores e traballadoras de BBVA, único ámbito no que poderiamos entender un acordo colectivo.
  • Di basearse na voluntariedade, pero tal e como a entende a empresa, BBVA é voluntario de ofrecer ou non, e o persoal é voluntario de aceptar ou non se llo ofrecen, pero non habilitan xeito algún de que o persoal poda solicitar de xeito formal.
  • Existen razóns que nos fan ser moi prudentes respecto desta modalidade de traballo que xa vos relatamos na circular anterior sobre este tema, e outras de tipo técnico que nos fan rexeitar o acordo acadado. Somos conscientes de que ao non asinar quererán manternos fora da Comisión de Seguimento e non achegarnos información ao respecto, pero imos reclamar os nosos/vosos dereitos.

As nosas recomendacións son que, se vos ofrecen esta modalidade de traballo, contactedes con nós o máis axiña posible. Tamén é importante que non vos tenten de impoñer que aceptedes, e que si o intentan o denunciedes.
En calquera caso, a quen pense que por motivos de conciliación o precisa, e que o seu posto se adapta, lle recomendamos que fale con nós para asesorarse, e que o pida, pero sempre por escrito.

Se volo ofrecen e aceptades, SOLICITADE QUE VOS FAGAN UNHA AVALIACIÓN DE RISCOS LABORAIS do posto dende onde teñades previsto desenvolver o teletraballo, xa que no acordo individual que vos pedirán que asinedes, vos comprometedes a que todo cumpra a lexislación de riscos, polo que calquera problema de saúde o accidente que puidera terse previsto, volo imputarán a vós. Por iso, o mellor é que dispoñades dun informe técnico para seguir as súas instrucións, e ante calquera dúbida, contactade. A nova modalidade de traballo non pode reducir os vosos dereitos.

Seguiremos a informar se hai novidades.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 110818 [.pdf • 32 Kb]




Ningún comentario: