Estase a cargar, agarde un momento por favor!

13 de xullo de 2011

Traballar dende casa, Conciliación ou escravitude?

Levamos xa tres reunions na procura dun acordo entre BBVA e a representacion sindical, para limitar condicións mínimas colectivas que regulen a modalidade do teletraballo na empresa.
BBVA di basear dita modalidade de traballo na voluntariedade e na reversibilidade, de xeito que, ademáis de ser preciso ocupar un posto que sexa susceptible de ser desenvolvido nesta modalidade laboral, o persoal terá que asinar un acordo individual e voluntario (que disque vai emanar do texto consensuado coa representacion sindical), e podera volver ao seu posto, sendo asi a sua situacion, reversible.


Se ben somos conscientes de que se trata dunha modalidade de traballo con cada vez máis implantación, e que individualmente pode favorecer a determinadas persoas, entendemos que ten os seus riscos, polo que debemos ser moi prudentes á hora de dar o visto bo a este tipo de iniciativas.

Ainda que todo o mundo coñece as supostas vantaxes do teletraballo, fundamentalmente a flexibilidade laboral orientada á conciliación, entendemos que non sempre é ouro todo o que reloce, polo que vos expoñemos algunhas das razóns que nos fan ter reservas sobre a conveniencia de darlle validez colectiva:
  • O control da xornada case desaparece, polo que en moitas ocasions, a mesma se estende a calquera hora de calquera día.
  • Non se desconecta do traballo de xeito efectivo, xa que a súa presenza non desaparece no ámbito persoal ou familiar.
  • Prodúcese un efecto de illamento fronte aos compañeiros e compañeiras que pode ter incluso consecuencias psicosociais.
  • A produción pasa a medirse unicamente por obxectivos, dos que ademáis será máis díficil ter unha referencia.

En calquera caso, avaliaremos as propostas da empresa e dos outros sindicatos e faremos achegas na procura da máxima protección dos dereitos dos traballadores e traballadoras que puideran querer desenvolver o seu traballo a distancia. Ainda que é moi cedo para pechar as nosas conclusións, e disque non está pensado aplicar o teletraballo para labores comerciais ou na rede, se non aumentan moito as garantías, en especial a existencia dunha Comisión de Seguimento realmente operativa dende a que avaliar as consecuencias desta modalidade laboral, non poderemos apoiar esta iniciativa.

Seguiremos a informar, e non deixedes de preguntar calquera dúbida que vos xurda ao respecto...




Comunicado 110713 [.pdf • 36 Kb]




Ningún comentario: