Estase a cargar, agarde un momento por favor!

31 de agosto de 2011

AEB non informa das retribucións fóra de Convenio, mentres queren conxelar os salarios

AEB respondeu á petición sindical de información sobre soldos de directivos, complementos fóra de Convenio e a súa evolución, cunha negativa baseada nunha suposta cuestión de principios por tratarse precisamente do que pagan fóra de Convenio, e nunha tamén suposta imposibilidade desa Institución para recoller ditos datos. Dende CIG non poderemos nin sequera entrar a valorar os argumentos da AEB sobre salarios, tema que se tratará na próxima reunión, sen dispoñer destes datos.


Como xa informáramos, AEB propón a conxelación salarial para os vindeiros dous anos en base á necesidade de axuste de custes nunha época de crise como a que atravesamos, e que non saben canto vai durar.

O resto de temas tratados na reunión do día 31 foron na súa maioría de índole técnica, como elaboración e distribución de censos, ou incluso temas que, ao noso entender, non deben formar parte do Convenio, como asuntos relacionados coas eleccións sindicais.

Comezado o mes de setembro a negociación segue a un ritmo moi lento, polo que salvo que se dinamice en quince días ao entrar no debate salarial, parece que se está a adiar a negociación de propostas e solucións concretas a todos os temas formulados ata o día de hoxe.

AEB permanece nunha postura monolítica e impermeable ás propostas sociais excepto en temas tan puntuais como anecdóticos. Haberá que estudar cal serán os nosos pasos a seguir para tentar cambiar o ritmo da negociación, sen desbotar o inicio das mobilizacións.

A próxima reunión terá lugar o día 14 de setembro.

Seguiremos informando.



Convenio Galego Xa!
Comunicado 110831 [.pdf • 62 Kb]




Ningún comentario: