Estase a cargar, agarde un momento por favor!

8 de xuño de 2011

AEB presenta a súa proposta de recorte

Na reunión da Mesa negociadora do día 8 de xuño a AEB, máis que unha proposta de Convenio, puxo por riba da mesa unha proposta de recortes salariais, que pasamos a resumir nos seus puntos máis importantes. En todo caso, a patronal insiste nas medidas de implantación de «flexibilidade» nas que tiñan avanzado no diálogo entre a CEOE, CC.OO e UGT para a reforma da negociación colectiva.


Duración Convenio: 4 anos.

Salarios
  • Suba salarial anos 2011/2012 conxelación salarial, e anos 2013/2014 suba moderada, pero non asociada ao IPC.
  • Supresión concepto retributivo antigüidade.
  • Conxelación participación en beneficios. Supresión do ¼ de paga.
  • Incluír flexibilidade salarial (salario en especie).
  • Supresión bolsa vacacións.
Carreira Profesional
  • Supresión do sistema de ascensos por antigüidade.
  • Creación dunha categoría máis barata para o persoal de nova entrada.
  • Creación dun novo nivel de técnicos. Reducir niveis administrativos.
Xornada e horarios
  • Negociar a nivel de cada empresa. Desgraciadamente, xa é así polos distintos acordos de implantación da xornada flexible.
Mobilidade xeográfica
  • Ampliar a 50 quilómetros.
Réxime Disciplinario
  • Endurecer as sancións.

O pasado mes de xullo o Parlamento Europeo aprobou a Directiva 2010/76 [.pdf • 949 Kb] de «Retribucións dos banqueiros», que regula as retribucións variables; o Goberno Central adiou conscientemente a transposición desta Directiva ata o pasado venres 3 de xuño, permitindo ás cúpulas bancarias tomar medidas co fin de eludir a citada norma europea.

Nos últimos meses numerosos directivos bancarios incrementaron a parte fixa das súas retribucións. Podemos afirmar que ningún alto executivo conxelou os seus salarios fixos, tal e como propoñen agora facer cos nosos. Nunha nota posterior daremos conta das subas salariais polas que, nalgún caso, a retribución fixa pasou do 37 %  ao  50 % da total.

Mentres os beneficios medraban o 30—40 % ao ano, os nosos salarios medraban só un 2 %. Dende a CIG xa anunciamos que non estamos dispostos a ningún tipo de recorte nin conxelación dos salarios dos traballadores e traballadoras da banca. Ese é o noso compromiso público.



Convenio Galego Xa!
Comunicado 110608 [.pdf • 33 Kb]



1 comentario:

Marta Vázquez dixo...

Pois no Santander, os seus cliente, os seus empregados? e os seus accionistas? deben de estar avergonzados polo xeito de actuar do Sr. Botín na derradeira xunta de accionistas, quitandolle a palabra a un accionista http://ir.gl/xraaSAN2011 onde tentaba presentar unha remoción. Seguriño que o Sr. Botín decrarase un demócrata e sabe que significa a Liberdade de Expresión