Estase a cargar, agarde un momento por favor!

12 de maio de 2011

AEB di que os bancos teñen problemas

Malia que publicamente as cúpulas dos bancos eloxian a política económica e os recortes sociais impostos polo Goberno, o 11 de maio, a patronal bancaria fixo unha exposición catastrofista da economía e da situación das entidades para, no futuro, poder vir con recortes de condicións laborais no sector.


A reunión era para as 12 e comezou ás 12:45, porque previamente houbo unha xunta entre o Secretario Xeral da AEB e os representantes dos bancos.
Unha vez comezada, fala AEB: Quere situar o entorno no que nos atopamos antes de que o asesor económico da AEB nos fale tamén do tema. Que aínda que a banca española capeou o primeiro embate da crise, a crise noutros sectores e o feito de que se encarecera enormemente o financiamento, fan que o sistema existente xa non funcione.

Di que todas as entidades teñen un risco adicional para obter financiamento polo factor risco-país. Os recursos veñen moi a curto prazo e moi caro. A marxe diminúe. A banca está algo mellor que as caixas. Di que só algunhas entidades están sendo capaces de dar beneficios, pola diversificación e o estabelecemento de negocio no estranxeiro.

Di que neste , con esta situación, a negociación ten que ser diferente para que os bancos sigan a poder funcionar e, polo tanto, o Convenio non pode ser un lastre a maiores. Que os custes non poden crecer, xa que nos están a impoñer unha reforma. Disque non queren pedir axudas públicas, polo que é preciso un axuste, pero ten que ser vía custes, e a súa solución é reducir custes vía cadro de persoal.

Piden reformas de estrutura. Que a análise económica é moi negativa, como nos vai a explicar o experto económico. Que o nivel de actividade neste momento non xustifica a dimensión dos cadros de persoal que se están a manter. O negocio non dá, está plano e estancado, o financiamento externo está moi caro, e os requisitos do entorno legal son moi esixentes e supoñen máis desembolso económico do que se pode facer agora.

Que temos que seguir sendo competitivos como país e como empresas. Os axustes que se piden a partires de 2013 van a ser moi fortes para que os soporte o sistema. Serán axustes novos e a sociedade non está acostumada, polo que haberá problemas a nivel social.

Interveu despois o asesor económico da AEB con cifras e referencias, non só das previsións das que fala o Goberno, senón segundo outros organismos. O maior problema é, no caso do Estado español, a destrución de postos de traballo. Moito máis que noutros países. Especialmente afecta a temporais e xuventude. Se estiveramos fóra do euro, teríase usado a devaluación da moeda como medida correctora, pero non se pode. Para corrixir o déficit público se busca financiamento fóra, pero cada vez é máis cara.

Dende CIG, dixemos que os datos que se publican sobre os beneficios dos bancos xustifican que pidamos subas, igual que o feito de que sigan a existir os grandes bonus para directivos/as. Se os datos que publican non son reais, pedimos que nos faciliten os correctos. Preocúpanos que a conxelación salarial sexa un impedimento para a dinamización da economía, xa que o peor é o crecemento da taxa de paro.

A AEB insistiu en que están preocupados de que non teñamos a mesma percepción do entorno e por iso fan a exposición. Din que o Convenio se fixo en tempos de bonanza e se tivo que aplicar en tempos malos. Agora é ao revés. A eles parécelles que deberían terse feito axustes durante estes anos. Queren acadar un acordo que todas as partes poidan asinar, pero que teremos que admitir que, dado o momento, as condicións van ser peores.

Din que de xeito xenérico as plataformas supoñen unha suba dun 20 % e unha redución na flexibilidade das empresas o que, segundo eles, vai en contra da mellora da súa actividade. Que precisan tempo para avaliar as plataformas sindicais polo miúdo, polo que incumprindo o acordado, pospuxeron a reunión para o día 8 de xuño.



Convenio Galego Xa!
Comunicado 110511 [.pdf • 33 Kb]



Ningún comentario: