Estase a cargar, agarde un momento por favor!

26 de abril de 2011

Participa coa CIG nas manifestacións do 1º de maio

A central nacionalista conmemora un novo 1º de Maio, nesta ocasión baixo o lema «Polo emprego, non ás reformas do capital. Defendamos os nosos dereitos», e anima á cidadanía galega a participar nas distintas mobilizacións que se celebrarán nas principais cidades do país, ademais de en Viveiro e Ribeira.

Os horarios (CEST) son os seguintes:

Defendamos os nosos dereitos!

cartaz 1º de maio [.pdf • 2'6 Mb]
Cartaz 1º de maio [.pdf • 2'6 Mb]
Afrontamos a celebración deste 1º de maio de 2011, cuns níveis de desemprego moi preocupantes (240.000 desempregados na Galiza), como consecuencia da crise económica e das políticas de recorte do investimento público levadas a diante polo Goberno español e polo Goberno galego. A esta situación hai que engadirlle o preocupante panorama, de presente e de futuro, para a clase traballadora, derivado das políticas antisociais do goberno que se concretan nas reforma laboral e na reforma da pensións, así como no recorte do gasto social e a privatizacións de empresas e servizos públicos.

Sobran motivos, mobilízate contra as reformas do capital, por un novo modelo económico e social, por un posto de traballo, por pensións dignas, polo dereito a decidir as nosas condicións laborais e sociais; participa connosco no Día Internacional da Clase Traballadora.



Máis información en:

xornal dixital Avantar

Panfleto 1 de maio [.pdf • 800 Kb]

1 comentario:

Anónimo dixo...

Estaría ben engadir código QR para ler cos móbiles (ver xenerador: http://zxing.appspot.com/generator/ )