Estase a cargar, agarde un momento por favor!

23 de marzo de 2011

Escandalosos beneficios para as grandes empresas mentres empobrecen a clase traballadora

A Confederación Intersindical Galega (CIG) e a maioría sindical vasca (ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE e HIRU) ademáis da Intersindical Canaria e Confederación Sindical Catalana van desenvolver unha manifestación o vindeiro 5 de abril en Madrid en contra das reformas do goberno (concretamente a reforma das pensións e da negociación colectiva) e na defensa do dereito a decidir nos propios territorios as condicións laborais e sociais. Na marcha agárdase que participen arredor de 3.500 delegados e delegadas de todas as organizacións sindicais, dos/as que uns 1.200 serán representantes sindicais da CIG, podes vir —de balde— conosco si queres, para o cal anótate nos nosos locais.

O goberno español e a maioría dos grupos parlamentarios (agás BNG, IU e ERC) aprobaron a anterior reforma laboral e amosaron o apoio á reforma das pensións que se debate este mes no Congreso. Tamén queren aprobar en breve unha reforma para impedir que decidamos sobre os nosos convenios. Todas estas reformas están pensadas para reducir dereitos, salarios e pensións da clase traballadora.


Mentres tanto as maiores empresas multinacionais do Estado incrementan os seus beneficios en tempos de crise e teñen sociedades instaladas en paraísos fiscais1 para pagar só unha media do 10 % dos impostos (un fraude de miles de millóns ao Estado). Pero tanto PSOE como PP permíteno e non reforman a fiscalidade para evitar este fraude. Unha política que favorece aos ricos e as grandes empresas.

Entre outras, as grandes empresas do IBEX que utilizan paraísos fiscais son: Repsol, Grupo Santander, BBVA, Ferrovial, Gas Natural, ACS, INDITEX, Banco Sabadell, Teléfonica, Banco Popular, Endesa, Iberdrola, Mittal, Mapfre, Banesto, SACYR, FCC, Red Eléctrica, Telecinco...

Quen sufre a crise?
Beneficios no ano 2010 de algunhas das principais empresas do Estado Español:
  • Telefónica 10.167 millóns
  • Endesa 4.129 millóns
  • Iberdrola 2.870 millóns
  • ACS 1.313 millóns
  • Gas Natural-Fenosa 923 millóns
  • Repsol 4.693 millóns
  • Santander 8.181 millóns
  • BBVA 4.606 millóns
  • CEPSA 633 millóns.
Ademáis os salarios dos seu executivos son de un millón de euros de media ao ano. Mentres aos parados de longa duración négaselles até a prestación de 460 .

Moitas destas empresas eran ata foi poucos anos empresas públicas do Estado e foron malvendidas para negocio privado; agora estes beneficios serían para o Estado. Entendemos porque agora os ex presidentes González e Aznar e moitos anteriores ministros son contratados por estas compañías.

  • A riqueza créase co noso traballo, cos nosos salarios, pero con estas reformas a riqueza disminue para nós e as pequenas empresas, e crece para estas multinacionais e os seus propietarios que teñen o poder político
  • No último ano as grandes fortunas dos máis ricos no Estado Español creceron por riba do 20 %.
  • 7 persoas suman mais de 75.000 millóns de euros en riqueza declarada.
  • Nos últimos 30 anos a obriga fiscal para os mais ricos baixou ´máis de 30 puntos.

En Galiza, a destrución de emprego, o acoso da UE á nosa pesca, a desaparición do noso sistema financieiro das caixas para entregalo aos bancos, o empobrecemento de miles de familias... non pode deixarnos indiferentes.

A CIG continua loitando, o día 5 manifestarémonos en Madrid polo noso dereito a decidir sobre as nosas condicións de vida e do traballo.

Coas reformas do capital:
Ricos máis ricos, pobres máis pobres

 O 5 de abril en Madrid, Loita con Nós! 

A crise que a pague o capital


Ligazóns relacionadas:

Decraración Unitaria Sindicatos Bascos [.pdf • 42 Kb]


1 comentario:

Anónimo dixo...

Ver cadro empresas en paraísos fiscais, é escandaloso!

Papel, cabeza e lápiz