28 de setembro de 2010

Fai escoitar a túa voz !!!

Dende a Sección Sindical da Confederación Intersindical Galega (CIG) no Banco Bilbao Biscaia Arxentaria (BBVA), animámosvos a todos e todas a participar activamente na FOLGA XERAL DO 29 de SETEMBRO e tamén nas manifestacións convocadas por nós para o mesmo día da .

Os horarios (CEST) das distintas mobilizacións programadas pola CIG para rexeitar a reforma laboral do Goberno español e reclamar outro modelo económico e social máis xusto e solidario son os seguintes:

21 de setembro de 2010

FOLGA XERAL. Paremos o 29 de setembro (II)

Con esta reforma amplían a posibilidade dos despedimentos por faltas xustificadas pero intermitentes, que acaden o 20% das xornadas hábiles en dous meses consecutivos, ou o 25% en catro meses descontinuos dentro dun período de doce meses, incluídas baixas por enfermidade, permisos por morte dun familiar ou por coller días de mudanza. Tratan en definitiva que traballemos enfermos ata a extenuación e que renunciemos aos dereitos adquiridos.

Hai que insistir que na práctica esta Reforma transforma ao persoal indefinido en temporal; como exemplo, a indemnización de despedimento que pagarán as empresas en despedimentos obxectivos será de 12 días (os outros 8 os pagará o FOGASA), nos contratos temporais a indemnización será de 12 días (no 2015). Se costa o mesmo despedir a un fixo que a un temporal, Hai traballos fixos?, evidentemente non.

13 de setembro de 2010

Paremos bancos e caixas o 29 de setembro (I)

Coa lexislación laboral que derrogou a reforma laboral, o Estado español foi líder na creación de emprego, pero o problema foi que aquel emprego era temporal, precario e doado de destruír en tempos de crise. A reforma laboral avanza en converter os contratos fixos en temporais, facilitando e abaratando o despedimento. Esta reforma non era a precisa e non creará emprego. A crise é unha escusa para impoñer un novo modelo económico, social e laboral. Por iso a CIG convocou FOLGA XERAL o 29 de setembro.

Moitos traballadores e traballadoras do sector financeiro pensaban que viviamos nunha burbulla que nos protexía; nunca foi certo, pero as novas reformas aféctannos de cheo.

7 de setembro de 2010

A CIG presenta a convocatoria de Folga Xeral

A CIG presentou esta mañá, na consellaría de Traballo e Benestar a convocatoria de folga xeral, que afectará a todas as actividades desempeñadas polos traballadores e traballadoras de empresas privadas e do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral en Galiza. A folga comezará ás 0:00 horas do día 29 de setembro e rematará ás 24:00 horas. Con esta convocatoria a central sindical pretende dar unha resposta contundente e frear as agresións das que está sendo obxecto a maioría social, a clase traballadora, e que van máis alá da reforma laboral, e abrir un debate social sobre cara que modelo de organización económica, social e política debemos camiñar.

«Estamos diante dunha convocatoria de folga xeral que transcende o que é estritamente a reforma laboral que está hoxe a debate», explicaba o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, tras facer entrega no rexistro da consellaría de Traballo, da convocatoria de folga xeral.