
O pasado día 24 de abril, parte da representación legal das persoas traballadoras, concretamente CC.OO, UGT, FIB e FINE, con presenza na mesa de convenio, asinou un acordo para incluír un novo capítulo no convenio (capítulo décimo sexto) que recolle medidas planificadas para acadar a igualdade real e efectiva das persoas LGBTI. Acordo que a CIG NON ASINOU.
Desde a CIG participamos activamente na negociación, iniciada o 8 de xaneiro, aportando unha proposta con medidas que melloraban e ampliaban as recollidas no Real Decreto que establece a obrigatoriedade de negocialas (RD. 1026/2024 de 8 de outubro).
As que recolle acordo asinado, limítanse ao contido de mínimos que establece o Real Decreto, deixando no ámbito da negociación das empresas as posibles medidas que vaian máis alá deste.
Non recollen ningunha das nosas propostas específicas.