26 de xullo de 2017

CIG Banca presenta recurso contra a Guía Técnica 4/2017 aprobada pola CNMV

Recentemente a CNMV aprobou a «Guía Técnica 4/2017, de 27 de junio, para la evaluación de los conocimientos y competencias del personal que informa y asesora». A CIG presentou un recurso contra a aprobación da Guía, toda vez que entende que desprotexe á clientela, dá atribucións ás entidades financeiras para invalidar titulacións públicas, vulnera o Estatuto dos Traballadores e invalida os Convenios Colectivos vixentes.

A Directiva da Unión Europea 2014/65, coñecida como MiFID II, ten como obxectivo a protección da clientela das entidades financeiras. Malia os sucesivos escándalos no sector financeiro, o Goberno español, que debería ter adaptado esa lexislación de 2014, aínda non o fixo. Unha mostra do desleixo pola protección da clientela por parte do Goberno do Partido Popular.

Recentemente a CNMV aprobou a Guía Técnica 4/2017 que, para a CIG, é contraria á protección da clientela establecida na MiFID II, facilitando ás entidades financeiras unhas atribucións inéditas.

Por iso a CIG Banca presentou un recurso de interposición, que se fundamenta nas seguintes cuestións:

  • A Guía é ilegal ao incluír nela ao persoal que ten obxectivos comerciais, malia a prohibición expresa contida na MiFID II. A MiFID prohibe que quen asesora ou informa sobre produtos complexos perciba remuneracións ou teña obxectivos de vendas que podan constituír un incentivo para colocar un determinado produto.
  • Serán as entidades financeiras as que decidan as titulacións ou certificacións válidas para «asesorar» ou «informar» á clientela. Podendo incluso desbotar titulacións públicas (titulacións universitarias, acreditacións profesionais, etc). Pero valida un modelo denominado de certificadoras, que son asociacións postas en marcha polos propios bancos e das que son socios. É dicir, non haberá un control público sobre a formación que reciben os traballadores e traballadoras que asesoren ou informen á clientela.
    Atribuíndo ademais as competencias aos propios bancos, a CNMV vulnera o establecido no Estatuto dos Traballadores, que considera no seu que o exercicio do dereito a formación se estableza mediante a negociación colectiva. Nós apostamos por formación pública.
  • potestade aos bancos para establecer unha clasificación profesional, decidindo que persoal realiza as funcións de «asesorar» ou de «informar» á clientela. O Estatuto dos Traballadores establece, no seu , que a clasificación profesional debe ser negociada colectivamente. Deste xeito a CNMV invalida a clasificación profesional pactada nos Convenios Colectivos vixentes, validados pola autoridade laboral competente e publicados no BOE.
  • A Guía foi aprobada no Consello Consultivo, no que están presentes os propios bancos e incluso como representante dos profesionais do sector, figura o responsable de EFPA, unha certificadora da que son socios os maiores bancos do Estado. Entendemos que hai un claro conflito de intereses, xa que son entidades directamente afectadas pola norma.

Dende a CIG Banca agardamos a contestación da CNMV, pero estamos dispostos a chegar até o final. Faremos fronte a unha Guía que invalida totalmente a protección á clientela que persegue a MiFID II, sobrecargando aos traballadores e traballadoras cunha formación totalmente inútil, que carece do máis mínimo rigor pedagóxico.



Ligazón relacionada:
Guía Técnica 4/2017:  [.pdf · 164 kB]



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170726 [.pdf • 115 kB]


Ningún comentario: