Estase a cargar, agarde un momento por favor!

11 de xaneiro de 2017

Non queremos ser o parapeto das sentenzas que condenan as políticas comerciais que tanto sufrimos



Sentenzas que condean as políticas comerciais

Os traballadores e as traballadoras dos bancos damos a cara ante a clientela. Por iso, a decisión que tomen as Direccións a respecto das recentes sentenzas xudiciais, nomeadamente a das cláusulas chan, nos afectará. Unhas sentenzas que condenan, unha vez tras outra, as políticas comerciais dos entidades.

Día a día coñecemos novas sentenzas desfavorables para os bancos. Con carácter xeral, as sentenzas non declaran ilegais os produtos en si; na maior parte dos casos, a ilegalidade parte do proceso de comercialización.


Os xulgados declaran ilegais produtos e cláusulas por como se comercializan; na práctica, as sentenzas condenan as políticas comerciais das entidades, pero as Direccións están incluso endurecendo esas políticas nefastas.
O persoal das entidades é o primeiro que sufre as políticas comerciais (presións e abusos para que cumpramos obxectivos comerciais crecentes, etc). Dende a CIG non queremos que suframos tamén as consecuencias das sentenzas.
Hoxe o Goberno negocia coa patronal a aplicación das sentenzas, un feito inaudito, que evidencia o seu sometemento e servilismo coa patronal bancaria. Ante este proceso, queremos alzar a voz e situarnos no lado da clientela que nos dá de comer.
Queremos unha solución para toda a clientela que evite, ademais, unha posible conflitividade coma a que se viviu nalgunhas entidades durante o proceso das preferentes e obrigas subordinadas.





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170111 [.pdf • 362 kB]


Ningún comentario: