Estase a cargar, agarde un momento por favor!

13 de xuño de 2016

Despedimentos disciplinarios por baixo rendemento

En relación aos despedimentos disciplinarios comunicados por BBVA o pasado mércores a 14 compañeiras e compañeiros, e dada a GRAVIDADE DA SITUACIÓN, desde a Sección Sindical da CIG no BBVA queremos informar á afiliación de:

Trátase dunha acción coordinada e premeditada, sen precedentes no banco. As compañeiras e compañeiros afectadas e afectados pertencentes ás 7 DD.TT (2 despedimentos na Territorial Noroeste, ningún deles en Galiza) recibiron directamente, o mesmo día, carta de despedimento por «diminución continuada e voluntaria do rendimento do traballo», acusados de seren autores de faltas moi graves («deficiente actitude, baixo desempeño e baixo rendemento»).

Entréganselles directamente cartas de despedimento. Non hai apertura previa de expedente, polo que tampouco se dá audiencia aos sindicatos dos que son afiliadas e afiliados as compañeiras e compañeiros, para limitar aínda máis as súas posibilidades de defensa.

Desgraciadamente, na CIG coñecemos de primeira man precedentes no sector. En entidades como ou , xa se veñen producindo despedimentos por baixa produtividade e, onde inicialmente comezou como un goteo, actualmente é un chorreo. Nada xustifica estos despedimentos inxustos.

As compañeiras e compañeiros que hoxe están na rúa, despedidas e despedidos mesquiñamente, son «cabezas de turco». O obxectivo da empresa é claro: atemorizar a toda a rede comercial.

O banco quere crear terror, amedrentar a toda a rede comercial, co fin de conseguir submisión total ante presións por cumprimento de obxectivos, que os desproporcionados obxectivos se cumpran sí ou sí, do modo que sexa, custe o que custe (roubo do noso tempo, saúde…).

A política do medo no traballo, dos que se lles enche a boca falando de ética.

A CIG non vai ficar calada, por moito que non houbera ningún despedimento por baixa produtividade na (polo momento).

Desde o mesmo día en que tivemos coñecemento dos despedimentos (xoves 9) puxémonos en contacto co resto da representación sindical demandando unha RESPOTA UNITARIA, CONTUNDENTE E RÁPIDA, é por iso que levamos días mantendo conversas. Desde a comunicación (comunicado a toda a plantilla) ás posíbeis actuacións (concentracións, paro…); todo conxunto.
Motivo polo que aínda non se enviou comunicado algún ao cadro de persoal por ningún sindicato. Ante un ataque deste calado hai que deixar as diferencias a un lado, non caben excusas.

Lamentábelmente, hoxe o sindicato maioritario a nivel estatal informounos ao resto de que eles enviaron hoxe un comunicado a toda a plantilla sobre o acontecido.

Aínda asi, desde a CIG seguiremos apostando firme e decididamente pola UNIDADE SINDICAL, co obxectivo de reforzar a resposta ante este gravísimo ataque sen precedentes da empresa. Máis se non hai unidade a nivel estatal ou galego, o que non agardamos nin desexamos, levaremos adiante as actuacións conxuntas que consideremos con quen se queira sumar, sen ningún tipo de exlusións, e en último caso, se fora necesario, en solitario como noutras tantas veces, pero desde logo a CIG non vai ficar sen dar unha resposta contundente ante esta situación.





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 160613 [.pdf • 157 kB]


Ningún comentario: