Estase a cargar, agarde un momento por favor!

22 de outubro de 2015

Manifestación en Vigo con concentracións en Caixabank, BBVA, Abanca, Pastor‐ Popular, Santander e Sabadell


 Imaxes: CIG · (cc) BY-NC-ND Concentración 21/10/15  [.jpg · 10'3 MB]

Tal e como anunciamos, o 21 de outubro manifestámonos polo centro da cidade de , concentrándonos en distintas entidades, dando así continuidade ao proceso de mobilizacións iniciado o 24 de setembro para demandar un CONVENIO XUSTO, e para defendernos das intencións das direccións e salvagardar os postos de traballo e as condicións laborais.

Os cadros de persoal están fartos das condicións de traballo impostas polas direccións, os abusos, as ameazas, a arbitrariedade, os obxectivos crecentes, etc. Mentres as direccións son as únicas cómodas coa situación actual: disfrutan cada día de maiores privilexios a costa de recortar os nosos dereitos.

Nunha fuxida cara adiante, agora as patronais de banca e aforro pretenden aproveitar a reforma laboral e da negociación colectiva para afianzar o traballo por obxectivos, recortando retribucións pasando parte a variable (eles din modernizar) e desregulando outras condicións de traballo (eles din «flexibilizando»).

Por se fora pouco, estamos asistindo a un «regreso ao futuro»: as advertencias e presións do Banco de España para levar adiante novos procesos de fusións están a orde do día. Un proceso que só beneficia as direccións, xa que a consecuencia é a consolidación dun oligopolio bancario que levará á destrución de milleiros de postos de traballo.

Por todo isto, seguiremos co proceso de mobilizacións. Abonda de prepotencia e de quitarnos diñeiro dos nosos petos para encher os deles!!!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 151022 [.pdf • 692 kB]


Ningún comentario: