Estase a cargar, agarde un momento por favor!

18 de maio de 2015

Queren un convenio para cando os «bitcoins» sexan moeda oficial

Bitcoin (deseño de Raffy de Guzman)
Na reunión do 12 de maio, que coincidiu no tempo co Acordo de contención salarial [.pdf • 12'7 MB] asinado pola CEOECC.OOUGT, a AEB fixo unha avaliación das plataformas presentadas pola parte social.

Vixencia: AEB, CC.OO e UGT coinciden en 4 anos.

Emprego: Non consideran necesarias incorporacións sobre a calidade dos contratos. Non ao período de proba de 3 meses. Relevo xeracional: non hai que incorporalo ao convenio.

Clasificación categorías, horarios e estrutura oficinas: Tal e como advertimos, queren afondar no modelo comercial que consiste en que coloquemos produtos que a clientela non demanda. Así, a súa posición nestas materias só consiste en reclamar a necesidade de «flexibilizar» as condicións laborais empeorando as mesmas. É dicir, unha maior flexibilidade nas funcións, avanzando na polivalencia (que todos e todas fagamos o mesmo pero que cobremos distinto, nomeadamente as mulleres), na flexibilidade horaria, etc.

Salarios: Desbotan a nosa proposta de suba lineal, que estes seguidores de doutrinas económicas do século XIX cualifican como ¡¡obsoleta!! Rexeitan tamén a nosa proposta de premios de antigüidade e non están dispostos a eliminar o tope máximo de participación en beneficios.

Conciliación e Igualdade: Chegado o momento farán unha proposta concreta.

Mobilidade: Manteñen ampliala a 50 quilómetros (con compensación a partir dos 25) e que os traslados que superen esa distancia sexan regulados pola lexislación de mínimos do ET.

Para resumir, agradecen propostas presentadas pero pensan que debemos reflexionar ao respecto, para que o Convenio sexa o acaído para o sector e que «lle permita a súa propia supervivencia».

Señores e señoras da patronal: Quizais algún día os «» sexan a moeda oficial e a clientela se auto atenderá totalmente a través de novas tecnoloxías prescindindo dos bancos, pero hoxe, máis alá da burbulla tecnolóxica que algúns alimentan, continuamos no euro, e o 85% da clientela é atendida pola rede comercial. O Convenio de banca regula as condicións laborais do persoal da rede e servizos centrais (o persoal da banca online ou telefónica está fóra, malia as nosas reivindicacións), non somos persoas virtuais. Deixen pois de utilizar a banca-ficción para tentar recortar as nosas condicións laborais!!!


Nota: O xa pretende implantar a xornada flexible, non lle importan os horarios; haberá unha carga de traballo a realizar, leve o tempo que leve!


Ligazóns relacionadas:

Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Acordo de contención salarial (CEOE-CC.OO-UGT[.pdf • 12'7 MB]


Convenio Galego Xa!
Comunicado 150513 [.pdf • 159 kB]

Ningún comentario: