Estase a cargar, agarde un momento por favor!

12 de febreiro de 2015

Máis representativo grazas a ti

CIG / BBVA é o sindicato máis representativo, o máis votado e o que maior número de delegadas e delegados acadou entre as cinco organizacións que veñen de competir no proceso electoral dentro do territorio galego. Grazas ás compañeiras e compañeiros que nos outorgaron a súa confianza. É tempo de asumir a responsabilidade recibida.

CIG / BBVA vén de renovar a súa maioría sindical nas eleccións que se celebraron no sector de banca privada nun contexto no que se reduciu o número de delegadas e delegados nalgún dos comités de representación provincial, froito do menor número de traballadores que formamos o cadro de persoal ao respecto do anterior proceso do 2010.

Alem diso é innegable o trato desigual que dispensa BBVA ás distintas organizacións, resultando a CIG manifestamente discriminada neste aspecto.
Non podemos deixar de sinalar a falta de ética e mínimo respecto á verdade na estratexia de campaña seguida por algunha das organizacións, lamentablemente afectada por procesos de corrupción públicos, no intento por acadar máis votos aínda á costa de botar lixo á necesaria unidade de acción sindical que, entre todos, debemos procurar a beneficio do colectivo que representamos en conxunto. Apostamos por unha nova dinámica.

Somos a voz sindical próxima. Estamos aquí, canda ti, e decidimos aquí. Contamos coa condición de sindicato máis representativo para abordar negociacións no sector, incluído o Convenio, e na empresa. Porén precisamos do teu compromiso activo. A forza da CIG vai resultar da suma das forzas individuais das persoas que formen parte da súa organización. Queremos que a túa simpatía, o teu apoio e o teu voto avance un paso máis e veña formar parte dunha organización plural na que todas a voces contan por igual. É tempo difícil para as relacións laborais. Son moitas as ameazas e incertezas. Contigo estaremos en condicións de facerlle fronte.
Vén formar parte da CIG / BBVA. Afilíate! [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 150212 [.pdf • 170 kB]




Ligazón relacionada:
Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario: