Estase a cargar, agarde un momento por favor!

24 de novembro de 2014

Territorio sindical solidario

Cando as barbas do veciño vexas cortar, hai que preocuparse e reaccionar. Sabio refrán, adaptado. A problemática laboral que se vive noutras xeografías do BBVA polo mundo adiante, é anticipo do que pode pasar aquí. Compartir as súas dificultades é o fundamento dese territorio sindical solidario que caracteriza á CIG BBVA, por principio.

BBVA decidiu realizar un ERE que supón pechar a metade das súas oficinas en Portugal, estratexia que implicará o despedimento de 177 persoas, a cuarta parte do actual cadro de persoal. En concreto, elimina 43 das 81 sucursais coas que viña operando no veciño país. Esta decisión xustifícase no resultado, con perdas acumuladas, e no fracaso de xestión do modelo de banca universal. Anúnciase unha reordenación do negocio orientado ás rendas altas, empresas e créditos sindicados. O xeito fácil de xestionar.

A decisión, informada polos medios de comunicación, débese a falla de interesados en comprar toda a rede lusa, misión encomendada, na primavera pasada, a Namura, axencia nipona intermediaria nunha operación que resultou absolutamente ineficiente.


De esquerda a dereita: Luciano Luxilde (CIG), Fraser Beastall (Membro do comité de empresa europeo en representación do Reino Unido) e João Bonito (Comissão de Trabalhadores do BBVA-Portugal)
Portavoces sindicais da CIG BBVA, Reino Unido e Portugal nunha pasada xuntanza en Lisboa
Curiosamente, BBVA semella interesarse na compra de , unha parte saneada do conglomerado Espírito Santo, que o goberno portugués ten á venda. Esta fuxida cara diante coincide coa noticia da compra dun 15 por cento adicional do Garanti ao Dogus Holding, a familia local que comparte o actual reparto de poder e froito da paixón turca que amosa a Presidencia do banco, operación superior aos 2.000 millóns de euros, a financiar cunha ampliación de capital.


Diante destas operacións corporativas, polo que atinxe ás condicións laborais actuais e futuras que van afectarnos globalmente, a representación sindical non pode mirar para outro lado. En 2002, por iniciativa da CIG en BBVA, co apoio da representación de seccións e comités de Portugal, Franza, Inglaterra e sindicatos vascos, constituíuse o de BBVA, hoxe en día invernado pola pasividade dos sindicatos estatais. É hora de que asuma a súa función, implicándose na causa dos compañeiros e compañeiras de Portugal.

Territorio sindical solidario no que CIG BBVA avanza compromiso de actuación.




Comunicado 141121 [.pdf • 237 kB]




Ligazón relacionada:
Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario: