Estase a cargar, agarde un momento por favor!

21 de agosto de 2014

O verán do bombeiro

Non hai cartos para cubrir vacacións ou excesos de traballo estacionais. Vergoñento.

Non hai cartos para manter as oficinas limpas, en condicións de hixiene para o traballo e a clientela. Preocupante.

Péchanse oficinas en agosto sen lóxica nin argumentos de peso. Incomprensible.

Nun cambio de sistema (disque), deixan as oficinas sen firma e mesmo sen persoal para poder plantexar unha operación. Inadmisible.

Pero si hai peto para mercar outro banco e gañar a cota de mercado que perdemos doutro xeito, por políticas low cost e recortes na liña de flotación da calidade.


E, Cal é a solución aos problemas estivais? A de sempre, a d@s bombeir@s forzoz@s que, con esforzo, sufrimento e regalo dun tempo nunca recoñecido nin compensado, van apagando lumes aí onde prenden para que á volta de setembro, inda teñamos que aguantar a máis de un xefe/a poñer o grito no ceo porque está todo do revés.

Cantos cartos deixa de gañar o banco por non ter ben atendidas as oficinas con persoal suficiente? Canto negocio queda na criba da propia autocensura porque non se pode plantexar unha operación porque o sistema non é áxil para dar unha resposta ou non hai quen tome unha decisión? Iso é inconmensurable.

Este verán xa se viviron interminables xornadas derivadas da afluencia de público en moitas oficinas, tanto por ser localidades turísticas, como polo peche da oficina máis próxima… Xa vivimos cadros de ansiedade por non ser quen de atender o exceso de traballo… Vivimos persoal «en préstamo» sen ter en conta as consecuencias diso para o cumprimento dos propios obxectivos… Mesmo vivimos, no colmo do surrealismo, directores/as desprazados temporalmente da propia axencia apagando lumes na oficina de cabeceira. É para chorar.

E logo din que hai excedentes de persoal… Pode ser, pero non onde nos queren facer ver.

Faltan medios humanos, falta organización, falta planificación.

Pero nada disto quedará na memoria en febreiro, cando se penalice (e culpabilice) aos/ás de sempre polos resultados e comecen chover escusas peregrinas, cando non mentiras manifestas, para escamotear puntos e cartos sempre pola banda de abaixo do cadro de persoal.

Compañeiros e compañeiras: non comprometades os vosos postos de traballo para poder suplir as deficiencias da empresa. Non é ese o noso labor.




Comunicado 140821 [.pdf • 32 kB]




Ligazón relacionada:
Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]

Ningún comentario: