Estase a cargar, agarde un momento por favor!

12 de febreiro de 2014

Non te conformes…

NON TE CONFORMES… NON TE CONFORMES… NON TE CONFORMES… NON TE CONFORMES…


Non asines a conformidade dunha avaliación feita cun sistema inxusto. Esta é a ruta para dar o NON CONFORME a túa avaliación:

Intranet > Recursos Humanos > Para ti dRRHH (ESP) > Procesos de RRHH > PROCESOS DE GESTIÓN > Fijación de Objetivos/Evaluación > Evaluación de Objetivos 2013 > Mis Evaluaciones

Temos só uns días para dar a nosa conformidade ou non, no aplicativo.

  • O BBVA declara 2.228 millóns de euros de beneficio no período 2013.

Reclama a rectificación dunha avaliación feita con mentiras. Este é o momento. Non teñas medo de facer o que pensas. Que quede claro quen é o que perverte e manipula as puntuacións.

  • O beneficio atribuído do banco incrementouse un 33% nun ano.

CONTACTADE CON NÓS para que vos indiquemos os pasos a seguir se queredes esixir por escrito a xustificación e rectificación da mesma.

  • Francisco González e Ángel Cano acumulan 12 millóns de euros en salarios.

Non sexas cómplice e reclama o que é teu dereito. É O TEU EXPEDIENTE LABORAL, NON O ESQUEZAS.

  • O BBVA patrocina a liga de fútbol española e a NBA estadounidense.

Lembra… NA TUA AVALIACIÓN TAMÉN MANDAS TI.

  • O banco ten previsto inxectar 2.500 millóns en América do Sur até o 2016.

Se os discrecionais non significan o que pon na avaliación… que alguén se faga responsable e o poña por escrito.

Coma sempre, quedamos a vosa disposición para que contactedes con nós se tedes calquera dúbida, consulta, necesitades apoio, ou non respectan os vosos dereitos.


NON TE CONFORMES… NON TE CONFORMES…
NON TE CONFORMES… NON TE CONFORMES… NON
TE CONFORMES… NON TE CONFORMES… NON TE CONFORMES…




Comunicado 140212 [.pdf • 68 kB]




Ligazón relacionada:
Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]


Ningún comentario: