Estase a cargar, agarde un momento por favor!

23 de xullo de 2013

Banca privada e crise 2007‐2012:
1.419 empregos destruídos (20’73% do total)

O 18 de xullo o Banco Santander, CC.OO, UGT e sindicatos de empresa, asinaban un Expediente de Despedimentos Colectivos tramitado conforme á reforma laboral. Continúa a durísima reestruturación do sistema financeiro en Galiza, tamén na banca privada (os bancos asociados á AEB).

A sangría de postos de traballo derivada dos procesos de fusións e privatización das antigas Caixas de Aforros, acapara titulares nos medios de comunicación. Pero a banca privada tamén está reconverténdose, malia que non teña a mesma presenza nos medios.


Na banca privada houbo un peche masivo de centros de traballo; o número actual de oficinas bancarias en Lugo e Ourense, retrotráese ao da década dos 70; na Coruña e Pontevedra, á década dos 80. Ao final de 2012 as oficinas bancarias en Ourense eran 127, cifra acadada no ano 1976; en Lugo había 147 oficinas, unha cifra semellante a do ano 1977; na Coruña había 454 oficinas retrocedendo ao número de oficinas do ano 1981; o mesmo que en Pontevedra con 334.

O peche masivo de centros de traballo levou á destrución de 1.419 postos de traballo dende finais de 2007, unha caída do 20'73%. A banca privada gaña cota de mercado, pero restrinxe servizos e destrúe emprego.

Evolución emprego na banca privada (AEB) dende o inicio da crise  
Provincia 2007 2012 Evolución
A Coruña    3.502    2.764       - 738
Lugo       642       513       - 129
Ourense       649       509       - 140
Pontevedra    2.051    1.639       - 412
Galiza    6.844    5.425    - 1.419

Non estamos ante un achegamento ao modelo europeo (menos oficinas pero dotadas con maior número de persoas), senón ante un proceso de reconversión. Continúa a imparable destrución de emprego que comezou nos oitenta, cando a banca privada chegou a empregar a 9.936 persoas en Galiza. Ao tempo, a extensión ilegal da xornada laboral (recoñecida por un 80% do persoal) e a sobrecarga de traballo son un exemplo do empeoramento das condicións laborais.

Ligazón relacionada:

Folla de afiliación: http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 Mb]



Comunicado 130722 [.pdf • 72 Kb]


Ningún comentario: