Estase a cargar, agarde un momento por favor!

26 de agosto de 2011

A representación de CIG non quere un trato especial

O BBVA asinou o día 27 xunto con CC.OO, UGT e ACB, un acordo para regular garantías para os delegados e delegadas sindicais. Para acadar dito acordo, que di buscar a igualdade de oportunidades e a non discriminación, reuníronse os asinantes sen falar con ninguén máis, pero iso si, non lles doen prendas en dicir que o acordo vai ser aplicado a toda a representación sindical coma se puideran falar por todo o mundo.

A Lei xa defende a posición dos delegados e delegadas de persoal fronte aos abusos, inxustizas e presións que a empresa quixera exercer sobre nós, e se é preciso facer valer os dereitos, así o faremos, pero non imos asinar ningún trato especial fronte ao resto de traballadores e traballadoras. Faltaría máis.

Xa nos gustaría a nós que a «normalidade, transparencia e claridade» foran o cotián na comunicación coa empresa, tanto a través nosa como directamente con todos e todas vós, nembargante aquí andamos, sabendo de acordos que aínda por riba queren aplicarnos no mesmo momento en que os asinan.

Non necesitamos e non queremos este acordo. De feito, non entendemos a súa necesidade. Se a empresa quere marcar uns baremos fixos que o faga, se nos parecen inxustos reclamaremos onde temos que facelo, como calquera, que para iso está o sistema, pero non precisa da complicidade de ninguén, aínda que ao parecer, e sinxela de acadar.

Gustaríanos moito saber que opinades sobre o tema ou que nos preguntedes o que queirades ao respecto. Esperamos os vosos comentarios no blogue ou por correo electrónico.




Comunicado 110826 [.pdf • 27 Kb]





Ningún comentario: