Estase a cargar, agarde un momento por favor!

24 de maio de 2011

Coñece Galiza

Coñece Galiza coa «FESGA»

A Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA) vén de publicar no seu sitio web  www.fesga.org  as primeiras entregas da serie «Coñece Galiza», baseada en percorridos histórico-turísticos pola nosa xeografía.
Os vídeos documentais, de 15 minutos de duración, veñen acompañados por un caderno despregábel.

«Noia e comarca» e «Ferrol naval e obreiro» son as primeiras achegas desta serie, que non se limita a ofrecer os principais monumentos e lugares de interese, senón que indaga nas orixes históricas das vilas e trata de ligar o desenvolvemento urbano aos procesos históricos, sociais e económicos.



Ligazón relacionada:

(Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza)

PSDende o 15 de abril, FESGA chámase «Fundación Moncho Reboiras para o Estudo e a Divulgación da Realidade Social e Sindical de Galiza»

Ningún comentario: