Estase a cargar, agarde un momento por favor!

3 de marzo de 2011

Participa conosco no Día da Muller Traballadora

Che convidamos a participar nas concentracións que co motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, van ter lugar nas distintas comarcas diante dos edificios da Xunta de Galicia.


Baixo o pretexto da situación de crise económica mundial, as distintas administracións e gobernos están a decretar recortes no desenvolvemento do estado de benestar, en áreas que deberían estar garantidas: pensións de xubilación dignas, un ensino e sanidade públicas de calidade, medidas de fomento do emprego feminino, axudas destinadas á dependencia e políticas de estímulo á natalidade.

Desde a chegada do PP á Xunta de Galicia, suprimiron organismos como o Servizo Galego de Igualdade e os cartos destinados ás políticas de igualdade tamén se foron reducindo, de tal xeito que podemos afirmar que na práctica estas están desaparecendo.

8 de marzo, Xa abonda de recortes!
8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora


Por iso, neste 8 de marzo, con máis intensidade ca nunca, as mulleres que formamos parte da Confederación Intersindical Galega facemos un chamamento a toda a cidadanía, simpatizantes, seareiros e a nosa afiliación para que se mobilice connosco e se manifeste diante dos edificios da Xunta de Galicia para denunciar a política deste goberno que supón un grave recorte contra os nosos dereitos.

Concentracións nas distintas comarcas:

Datas
  1. Comarca de , o xoves 3 de marzo ás 12:30 h. diante do Edificio da Xunta, Ronda da Muralla.
  2. Comarca de , o venres 4 marzo ás 11:30 h. diante da Xunta de Galiza, en San Caetano.
  1. Comarca , o luns 7 de marzo ás 11:30 h. diante do Edificio da Xunta, na praza Luís Seoane, en Monelos.
  1. Comarca de , o martes 8 de marzo ás 12:30 h. diante do Edificio da Xunta na Praza de España.

horarios (CET)

Participa coa CIG nos actos convocados para conmemorar o 8 de marzo na túa comarca!
Que non nos calen! Fagámonos ver!


Diptico_8marzo_2011 [.pdf • 1'16 Mb]
 
 

Ningún comentario: