Estase a cargar, agarde un momento por favor!

10 de febreiro de 2009

No 2008 tamén perdemos poder adquisitivo, un 2,1%

O Instituto Nacional de Estatística (INE) fixo público o IPC do ano 2008 que finalmente pechou no 1,4%. A suba salarial prevista no noso Convenio, que está regulada na disposición adicional sétima, está vinculada a este indicador.

Ao longo do ano 2008 as oscilacións do IPC foron significativas, pasando da porcentaxe mais alta no mes de xullo, un 5,3% a finalmente un 1,4.

Durante meses tivemos que facer fronte a uns gastos extraordinarios que logo non foron reflectidos nin compensados no resultado final do IPC.

Se valoramos o IPC de todos os meses do pasado ano e tomamos o dato promedio o resultado sería do 4,1%, a inflación neta do ano pasado. Interpretación avalada por economistas das universidades galegas.

A suba salarial prevista no Convenio non garante polo tanto o mantemento do poder adquisitivo, por outra parte o IPC é un índice claramente manipulado como denunciamos en numerosas ocasións.

En definitiva, os nosos salarios subiron un 2% pelado durante o ano 2008, pero o IPC promedio dese ano foi do 4,1%.

Os traballadores e traballadoras da banca tivemos unha perda de poder adquisitivo dun 2,1% no ano 2008.

Nada que ver cos beneficios empresariais, nin coa suba das retribucións das cúpulas dos Bancos.

Ningún comentario: