Estase a cargar, agarde un momento por favor!

14 de abril de 2008

Os cambios organizativos non poden afectar as vacacións

Unha das primeiras cuestións que están a xurdir como consecuencia dos movementos de persoal producidos polo Proxecto Clima, é que aínda que os Cadros de Vacacións xa foran pechados (tardísimo, por certo) é moita xente a que se atopa con que no novo destino lle piden (ou lle esixen que pidan) a modificación dos seus períodos vacacionais:


· En primeiro lugar, temos que lembrar que o movemento de persoal causado polo “cambio CLIMÁtico” é un tema organizativo de BBVA que non debería conculcar os dereitos da xente.

· Xa o xeito en que se fixeron os traslados, por imposición e sen consideracións, nin persoais, nin económicas... de ningún tipo, é de todo irrespectuoso cos dereitos das persoas que traballamos para BBVA.

· Asemade, A PROTECCIÓN LEGAL DAS VACACIÓNS É MÁXIMA: É dicir, que pechado o Cadro de vacacións, os períodos autorizados no mesmo, teñen a consideración de PERÍODOS DE DISFRUTE AUTORIZADOS.

· Se o disfrute non vai coincidir co cadro, é o traballador ou traballadora quen ten que SOLICITAR A ANULACIÓN, e posterior solicitude dun novo período, coas correspondentes autorizacións por parte do/a responsable: SEGUNDO A NORMA, É O TRABALLADOR OU TRABALLADORA QUEN INICIA DITO PROCESO.

· Non esquezades que na norma 93.70.003, xa di que o persoal deberá ter a posibilidade de coñecer o seu cadro de vacacións polo menos con dous meses de anticipación. O que este ano foi incumprido en moitos casos.

Estando o Cadro pechado, BBVA non pode ESIXIR a ninguén que modifique os seus períodos de vacacións, como así nos confirmou o Departamento de RRHH da nosa Territorial.

Se alguén modifica as vacacións debe ser porque así o quere ou o precisa.

O persoal que queira disfrutar as vacacións nos períodos xa autorizados no cadro, PODE e DEBE facelo.

Coma sempre, quedamos a disposición de todos e todas vós para que contactedes con nós se tedes calquera dúbida, consulta, necesitades apoio, ou non respectan os vosos dereitos.

Ningún comentario: