Estase a cargar, agarde un momento por favor!

20 de decembro de 2007

100 anos do Himno Galego

Hoxe cumprense 100 anos dende que o Himno Galego fora interpretado o 20 de decembro de 1907 na cidade da Habana. Vaia dende aquí a nosa homenaxe ao noso Himno Nacional.


Os Pinos.

Que din os rumorosos
na costa verdescente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
-Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confin dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
Fogar de Breogan.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais sóo os ignorantes
e férridos e duros
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, dondequer, xigante
a nosa voz pregoa
a redezón da boa
Nazón de Breogán.

Ningún comentario: