Estase a cargar, agarde un momento por favor!

30 de outubro de 2007

O IPC armonizado sube ata o 3,6%, menos que os prezos.


Segundo o Instituto Estatal de Estatística o Indice de Prezos ao Consumo (IPC) armonizado, subiu ata o 3,6% no mes de outubro, o que representa a maior subida dende o mes de agosto do 2006.

Ainda que o IPCA subiu nove décimas dende o mes de setembro, non recolle realmente a suba do custe da vida.

A organización de consumidores OCU anunciou que o pan subiu ata un 40% ao longo do mes de outubro, e produtos como o leite subiron mais dun 12% no último mes.

A suba dos cereais debido a seca en varios países produtores e ao crecente consumo para a fabricación de biodiesel, está sometendo os prezos dos alimentos a unha espiral alcista moi por riba do IPC. Tanto polo incremento do prezo dos pensos que repercute nos produtos animais, como pola suba das fariñas, xa que un 10% do consumo básico das familias son produtos elaborados a base de fariñas.

Ningún comentario: