Estase a cargar, agarde un momento por favor!

18 de maio de 2017

A responsabilidade patrimonial na venda de produtos financeiros é dos bancos

Resposta do Vicepresidente da Comisión Europea

Ante a posta en marcha da MiFID II, e por como afecta ás persoas que traballan para as entidades financeiras (directamente ou a través de subcontratas), a CIG vén mantendo reunións con grupos políticos e diversas administracións públicas. Agora a Comisión Europea clarificou un dos puntos: o da responsabilidade patrimonial.


Reunión coa europarlamentaria Lidia Senra   

Unha das reunións mantidas nos últimos meses pola CIG—Banca, foi coa europarlamentaria galega de AGE ; froito daquel encontro, presentou unha pregunta dirixida á Comisión Europea, interesándose nun dos puntos:

Non entende a Comisión Europea que as entidades financeiras deben ser as únicas responsables pola venda deses produtos que elas mesmas deseñan e que os traballadores e traballadoras deben ser eximidos de calquera responsabilidade pola venda deses produtos?

O vicepresidente da Comisión Europea, , contestou:

Con arranxo á normativa nacional, e de conformidade coa xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da UE, os bancos son responsables da venda abusiva de productos financeiros. Ademais, en virtude do artículo 24, apartado 10, da Directiva relativa aos mercados de instrumentos financeiros (MiFID II), que entrará en vigor en xaneiro de 2018, as empresas de servizos de inversión non deben fomentar que os seus empregados vendan instrumentos financeiros que presentan un risco elevado se o produto non responde aos mellores intereses dos seus clientes. O artigo 23 da MiFID II tamén esixe que as empresas de servizos de inversión «tomen todas as medidas apropiadas para detectar e previr ou xestionar os conflitos de intereses (…) entre as propias empresas, incluídos os seus directivos, empregados e axentes vinculados».
Valdis DOMBROVSKIS
Valdis Dombrovskis, vicepresidente da Comisión Europea   

Consideramos que deste xeito queda claro que, con carácter xeral, a responsabilidade patrimonial é dos bancos, agás loxicamente que o traballador/a incorra nun ilícito na súa actuación.



Ligazón relacionada:
Documento:  [.pdf · 199 kB]





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170518 [.pdf • 361 kB]


Ningún comentario: