Estase a cargar, agarde un momento por favor!

23 de maio de 2017

A CIG presentou alegacións á Guía Técnica da CNMV que regulará a formación obrigatoria

Aposta polo modelo de formación continua e un marco único

O pasado 9 de maio, a CIG presentou alegacións á proposta de «Guía para a avaliación dos coñecementos e competencias do persoal que informa e asesora», a través da cal, a CNMV, quere dar cumprimento aos requisitos previstos na MiFID II e ao Regulamento da ESMA (Autoridade Europea dos Mercados).

Normativa MIFID da Comisión Europea
Normativa MIFID da Comisión Europea   

A MiFID II está pendente de transposición á lexislación española pero, sen dúbida, cambiará o modelo de banca actual; de aí os pasos que vén dando a CIG—Banca a distintos niveis. Neste senso, o último foi a presentación de alegacións fronte a Guía Técnica de coñecementos publicada pola CNMV.

Para o sindicato nacionalista a Guía da CNMV acredita na auto-regulación por parte dos bancos e, basicamente, valida o modelo de «certificacións» existente. Pola contra, a CIG acredita no modelo de formación continua e por iso fixo unhas alegacións das que cabe destacar:

  • Demandamos que os postos de asesoramento ou información non podan ter obxectivos de ventas (en cumprimento da MiFID).
  • O procedemento debe ser pechado e igual para todas as entidades, homologando tamén as titulacións europeas. De xeito contrario dificultaríase a mobilidade do persoal entre empresas e a libre circulación de persoas no seo da UE, o que podería vulnerar a lexislación comunitaria.
  • Nós optamos polo modelo de formación continua, avalado pola lexislación europea, estatal e autonómica, que está contrastado a nivel pedagóxico e que conta cuns controis e requirimentos (de calidade, de medios, etc.) dos que carece o modelo das certificacións ou a formación dos bancos.
  • Demandamos a validación automática e sen maiores trabas das titulacións universitarias, nomeadamente as de carácter económico.
  • Máis que marcar moitas horas de formación inicial (80 quen informa e 150 quen asesora) e pouca o resto dos anos (20), nós pensamos que deben analizarse os coñecementos reforzando coa formación estritamente necesaria. Para os anos seguintes debería recibirse formación específica para cada produto.
  • A Guía establece como potestade das direccións materias laborais que por leis de rango superior deberían ser obxecto de negociación (definición de postos, dereito a formación, etc). Neste senso, pedimos que se revise a Guía para que cumpra a lexislación.
  • Deberían prohibirse os convenios entre bancos e certificadoras que obrigan ao persoal a asociarse e pagar.
  • Solicitamos tamén que se clarifique a situación das persoas que traballan para os bancos a través de subcontratas (por exemplo, compañeiros e compañeiras dos centros de chamadas na banca telefónica).

O documento completo das alegacións, enviado á CNMV, pode verse no sitio de Calaméo e dispoñible para a súa descarga, deseguido…



Ligazón relacionada:
Documento:  [.pdf · 3'67 MB]





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170523 [.pdf • 223 kB]


Ningún comentario: