19 de abril de 2017

Non nos sorprende a actitude da patronal, nunca quixeron o rexistro horario

Despois das sentenzas da Audiencia Nacional que lles obrigaba a contar cun rexistro de xornada, os bancos optaron por abrir unha negociación. Ao longo do tempo denunciamos que só buscaban un sistema que lles permitira seguir coa fraude. Agora que o Tribunal Supremo eliminou esa obriga para Bankia, din que non están dispostos a negociar o rexistro.

Independentemente do que a xustiza española considere, resulta imposible rexistrar as horas extraordinarias sen que exista un rexistro da xornada diaria realizada por cada traballador ou traballadora. Aos feitos nos remitimos, segundo a EPA o sector financeiro lidera la realización de horas extraordinarias.

O Supremo non eliminou a obriga por parte das empresas de rexistrar as horas extras, nin a obriga por parte da empresa de comunicar aos traballadores e traballadoras a xornada e horas realizadas nin, por último, a obriga de comunicar á representación sindical as horas extras. Por iso propoñemos:

  • O rexistro da xornada a través da conexión ao ordenador, dos móbiles, ou das tabletas, etc.
  • Que se rexistren os tempos de desprazamento fóra do centro de traballo de destino.
  • Que se rexistre o tempo de traballo fóra da xornada pactada por reunión, o dos cursos ou o dedicado a cumprir os obxectivos.

Foi a patronal quen abriu o proceso de negociación, así que agardamos que negocien de boa fe e que o vindeiro 9 de maio poñan por riba da mesa unha proposta que inclúa o rexistro.

Caso contrario, debería abrirse un conflito laboral; a fraude da xornada aféctanos individualmente, pero tamén afecta as arcas da Seguridade Social e resulta insultante ante as altas taxas de desemprego.

Se os bancos queren defraudar á Seguridade Social e aos parados e paradas, os sindicatos deberemos denuncialo na rúa.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170419 [.pdf • 192 kB]


Ningún comentario: