Estase a cargar, agarde un momento por favor!

27 de abril de 2017

É a banca a maior defraudadora á Seguridade Social?

inicia unha campaña contra a fraude das horas extras non pagadas cunha manifestación o 8 de maio

Logo do paso atrás por parte da xustiza española, e ante fronte a actitude das patronais nas mesas de negociación, a CIG arranca cun proceso de mobilización permanente e de información social.

Rescatar e , custou máis de 21.000 millóns de euros do Estado, pero estas dúas entidades (Bankia baixo control público), litigaron legalmente para evitar rexistrar a xornada efectiva. «Xa hoxe a maior parte das empresas non pagan as horas extras nin as cotizan, a sentenza do Supremo, a instancia de Bankia e Abanca, terá un custe multimillonario para a Seguridade Social».

Por iso a CIG iniciou un proceso iniciou un proceso de mobilización permanente, dando un xiro as tradicionais mobilizacións no sector, para informar á cidadanía do que considera a maior fraude: as horas extras da banca.

Pero e non están soas, as patronais CECA e AEB teiman en manter a actual situación de fraude nas horas extras, negándose nas negociacións abertas á implantación do rexistro de xornada efectiva. Nomeadamente despois do paso atrás do Tribunal Supremo.

A próxima reunión en será o 9 de maio. Por este motivo as mobilizacións iniciaranse o día 8, cunha manifestación na e concentracións en 8 bancos.

A Enquisa de Poboación Activa (EPA) recolle que as horas extras non pagadas superan as pagadas, sinalando ao sector financeiro. Motivo polo que, para a CIG, está claro que os bancos poden ser os maiores defraudadores á Seguridade Social, cando ademais se cuestiona a viabilidade do sistema público de pensións e están en marcha reformas para recortalas.

É insultante que a banca, que ten beneficios multimillonarios, e nomeadamente os bancos rescatados, se neguen a rexistrar a xornada e as horas extras.

A CIG destaca que as horas extras realizadas na banca en Galiza supoñen 1.000 empregos menos, mentres os cadros de persoal están sobrecargados e continúan os despedimentos.


 
Mobilización da CIG contra a fraude das horas extras en Abanca

Mobilización da CIG contra a fraude das horas extras en Abanca · CIG (cc) BY-NC-SA
 

Fai o amor e Non horas extras!!!




Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170427 [.pdf • 1'39 MB]


Ningún comentario: