Estase a cargar, agarde un momento por favor!

1 de marzo de 2017

BBVA despide, As/Os Traballadoras/es Respondemos

Unha vez máis, os pasados 14 e 23 de febreiro, os Sindicatos realizamos concentracións de delegadas/os para expresar o noso rexeite aos despedimentos directos (sen expediente previo) que, nesta ocasión, se produciron en , e .

Despedimentos realizados mediante a escusa de «Baixa Produtividade» e «Falta de Compromiso», e que afectan a compañeiros e compañeiras que foran incluídos/as previamente no (Colectivo de «Baixo Desempeño») en base ao prototipo deseñado por «Talento e Cultura».

Actuación que se realiza coa colaboración necesaria dos Directores/as de Zona e de CBC, que son as persoas encargadas de sinalar e confeccionar o listado do persoal afectado preestablecido por «Talento e Cultura» para, chegado o momento, despedir.

Concentracións en Pamplona e Madrid contra os despedimentos en BBVA

Non nos podemos chamar a engano, confeccionar listas sen obxectivar é outorgar a quen ocupan postos de dirección de equipos un deber desagradable: DAR NOMES, SINALAR, APUNTAR CO DEDO. Vaia o noso recoñecemento para aquelas persoas que, a pesar das presións, negáronse a dar nomes, nun exercicio de enteireza, valentía e sentido da xustiza que lles honra.

Xa hai máis de 600 persoas incluídas no proceso de ENGAGEMENT, ás que se lles traslada (por parte de responsables) a mensaxe (sic): «que non se preocupen», «que é unha ferramenta de mellora», «unha oportunidade para o cambio», etc., sen ter en conta que deste procedemento deveñen graves consecuencias.

Denunciamos o establecemento desta práctica malévola dos ránkings. En toda lista que se confeccione «sempre haberá un posto primeiro e un último», o que non prexulga que a achega de quen estea no último posto sexa escasa e que non se pode valorar o compromiso dunha persoa só pola opinión do/da «de enriba» cando tal valoración pode, posteriormente, ser a causa dun despedimento, por máis que haxa outras persoas por diante e por detrás de ti no propio ránking de PBV.

Os 9 sindicatos presentes no BBVA estamos trasladando conxuntamente á Dirección da empresa e á opinión pública en xeral, a nosa máis directa oposición ao clima de medo que pretenden crear.

Comprometémonos a seguir defendendo a todas aquelas e aqueles que sexan agredidos cun despido, para quen non é suficiente o feito de que «sempre» o proceso remate cunha «pequena indemnización» e o recoñecemento do Banco da «improcedencia do mesmo».

Nunha empresa con «listas ao gusto para todo», algunhas delas baseadas en algo tan abstracto e opinable coma «o compromiso», por máis que o teu comportamento sexa produtivo e axustado a dereito, calquera das persoas que nela traballamos, podemos encontrarnos en situacións similares ás que nesta circular denunciamos. Situación ante a que a única alternativa que nos deixan aos sindicatos é a confrontación e a mobilización.


ACB · CC.OO · CGT · CIG · ELA · Intersindical-CSC · LAB · SEC · UGT




Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170301 [.pdf • 392 kB]


Ningún comentario: