Estase a cargar, agarde un momento por favor!

24 de febreiro de 2017

Pedir permiso para rexistrar a xornada?

As sentenzas obrigan á banca a rexistrar a xornada efectiva e as horas extras. Cada día queda máis claro que pretenden negociar un sistema para eludir a Lei.

A patronal fixo unha proposta que evidencia o seu descaro, acompañada dunha falta de respecto aos cadros de persoal.

Din que porían en marcha un rexistro informático que rexistraría a entrada e a saída, tamén o traballo realizado fóra das oficinas (incluído o que se fai con móbiles ou tabletas).

Pero a totalización das horas traballadas debería ser introducida polo empregado ou empregada, e cando supere a xornada diaria (horas extras), só poderá ser introducida previa autorización dun superior.

Din que o persoal vai ás oficinas, pero non a traballar; de aí esta última medida. Que saímos a ver aos fillos/fillas, a fumar, a tomar cafés varios… etc.

Con esta argucia pretenden que os xefes/xefas directos/as aleguen que vas porque queres, non debido á sobrecarga de traballo. E que non hai horas extras. Cando a realidade é que impoñen obxectivos crecentes inalcanzables dentro da xornada pactada.

Din tamén estar dispostos a establecer un catálogo de boas prácticas. Un acto de cinismo vista a súa proposta para perpetuar a fraude.

Por último, «aceptarían» a desconexión ás 19 horas proposta por CC.OO e UGT.

Unha vergoña, xa que o horario xeral remata habitualmente ás 14:30 ou ás 15 horas.

A próxima reunión será o 8 de marzo.





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170224 [.pdf • 121 kB]


Ningún comentario: