Estase a cargar, agarde un momento por favor!

16 de xaneiro de 2017

Constituídas as mesas con AEB e CECA para negociar os rexistros de xornada e horas extras

A CIG ten representación en ambas mesas
O 12 de xaneiro os sindicatos e as patronais acordamos constituír as mesas negociadoras que, con data 15 de marzo, deberían acordar os sistemas de rexistro de xornada e horas extraordinarias. A CIG, avanzou as características que deberían ter os rexistros, incluíndo o traballo realizado con tabletas ou móbiles de empresa.


 Mobilización da CIG no ano 2004
 contra as horas extras ilegais.
A CECA e a AEB, anunciaron que se trata dunha actuación conxunta; sería a primeira en materia laboral.
Se ata o de agora negaban a existencia dunha fraude masiva na xornada laboral, e negaban a obriga de rexistrar a xornada e as horas extraordinarias, a campaña sindical, na que a CIG tivo un papel preponderante, forzou ás empresas a cambiar de posición.

Ambas patronais argumentan agora tres cuestións para o seu cambio de posición: as sentenzas favorables aos sindicatos (no caso de presentada pola CIG); os conflitos colectivos (no e no BBVA interpostos pola CIG, que ademais se adheríu a outros no Sabadell e no ); e a campaña de control das que situaron ao sector financeiro coma prioritario (polo que a CIG ten en marcha unha vaga de denuncias).

Cara aos sistemas que se implanten a CIG avanzou que deben ser rigorosos para evitar a fraude.
O sindicato tamén insistiu en que deben rexistrar a xornada habitual nas oficinas, pero tamén as novas formas de traballo, coma o tempo das visitas comerciais, os desprazamentos fóra dos centros de traballo habituais e computar o tempo traballado a través dos novos medios tecnolóxicos facilitados polas empresas (teléfonos móbiles intelixentes, tabletas, etc).

As vindeiras reunións están fixadas para o 25 de xaneiro, con CECA pola mañá e coa AEB pola tarde, e as patronais farán as súas propostas.





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 170114 [.pdf • 510 kB]


Ningún comentario: