Estase a cargar, agarde un momento por favor!

26 de decembro de 2016

Novos despedimentos: dor pinga a pinga

Desde o 15 de decembro o Banco comunicou 8 novos despedimentos directos, 5 na Rede, (3 en Catalunya e 2 en Andalucía) e 3 en SSCC da Vela en Madrid. Todos baixo o esquema de xuño: ruptura da confianza por baixa produtividade. O perfil: persoa na media de idade do cadro de persoal que non está por aceptar calquera horario ou función. E o máis grave de todo: a maioría son mulleres.

Estamos ante unha nova agresión, esta vez en tres Territoriais. Non estamos diante dun problema de produtividade colectivo. É unha selección de persoas arredor do proceso que agora denominan ENGAGEMENT, no que pode estar calquera que, se ben ten algunha pata na venda de produtos comerciais, pesan moito máis as consideracións subxectivas e manipuladas dos seus/súas responsables sobre esas persoas. Incluso dáse a circunstancia de terlles ofrecido con anterioridade a moitos/as deles/as, postos de maior responsabilidade, incremento no pagamento de retribución cuadrimestral e/ou ampliación de horario en novas funcións.

Non esquezamos que, para sancionar comportamentos non apropiados, xa está a Política Disciplinaria que o Banco non dubida en utilizar. Non escondamos a cabeza detrás de ideas falsamente tranquilizadoras. Estamos ante unha agresión a 8 persoas con mensaxe para todo o cadro de persoal. É un exercicio de claro abuso empresarial nun contexto social e xurídico (a Reforma Laboral en vigor), que prexudica a equidade e a mínima defensa diante destes atropelos.

O Banco volve deixar persoas na rúa e semella que se sinte cómodo facendo estas barbaridades. E mentres que en Cidade BBVA, o Banco organizaba unha festa, ao tempo estaba entregando cartas de despedimento.

É por isto que os Sindicatos que integramos a representación do conxunto do cadro de persoal, FACEMOS UN CHAMAMENTO á acción colectiva contra esta agresión empresarial. Debemos trasladar á a sociedade que o BBVA, beneficiario do rescate de UNNIM e CX, custeado con cartos públicos, responde destruíndo emprego pola vía dos despedimentos selectivos. Unha agresión continuada, pinga a pinga, para desgastar ao cadro de persoal e encaixonalo nun medo paralizante.

Temos que reaccionar XA!. As delegadas e os delegados sindicais, seremos a vangarda na mobilización, pero o cadro de persoal ten que prepararse para responder tamén ás manifestacións que reclamemos como expresión do rexeite colectivo a este camiño de agresión e insensibilidade ante o persoal, emprendido polo BBVA.




ACB · CC.OO · CGT · CIG · ELA · Intersindical-CSC · LAB · SEC · UGT




Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 161226 [.pdf • 252 kB]


Ningún comentario: