Estase a cargar, agarde un momento por favor!

23 de novembro de 2016

25 de novembro, combatendo a violencia machista

Desde a Confederación Intersindical Galega facemos un chamamento a participar nos actos e mobilizacións convocados arredor do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres.

A CIG convoca unha Manifestación nacional que partirá ás 12 h. desde o (situado fronte á segunda entrada do Estadio de San Lázaro, preto do edificio sindical, en Compostela) até o edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano, porque simboliza a nosa resposta ante os recortes e a pasividade do goberno fronte a violencia machista.

Esta manifestación convocada pola CIG para a propia mañá do 25 de novembro non será a única da xornada, por iso facemos un chamamento a participar nas mobilizacións, concentracións e accións de rúa convocadas polo movemento feminista en Galiza, e concretamente nos convocados pola Marcha Mundial das Mulleres, da que a CIG forma parte, en:

Cartaz 25N Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres

Desde a CIG somos conscientes de que o sistema capitalista precisa a desigualdade entre homes e mulleres para seguir consolidando a ideoloxía patriarcal.

O patriarcado foi a primeira estrutura de dominación e subordinación da historia sobre a cal se asentaron as demais e hoxe en día segue a ser un sistema básico de dominación, que pese a ser o máis duradeiro en canto á desigualdade, é o que menos se percibe como tal.

O capitalismo non é posíbel sen o patriarcado, por iso é preciso que as mulleres nos organicemos e loitemos contra a exclusión, a marxinación, a discriminación, a pobreza, a violencia, o machismo.

Seguiremos en loita combatendo o heteropatriarcado, COMBATENDO A VIOLENCIA MACHISTA lembrando o 25 de novembro todos os días do ano.



A VIOLENCIA MACHISTA NON TEN IDADE, ERRADIQUÉMOLA!
25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.


Diptico 25N [.pdf • 1'9 Mb]
 


Ningún comentario: