23 de maio de 2016

Carta conxunta a Relacións Laborais

O pasado día 13 de maio, a representación legal dos traballadores e traballadoras no BBVA diriximos unha carta a Relacións Laborais, a cal achegamos, coa intención de abrir diferentes procesos de negociación sobre temas tan importantes como son a actualización do , o incremento das achegas aos Plans de Pensións de Emprego e as condicións de traballo no colectivo BBVA Contigo.

Como lembrardes, o pasado 20 de abril, na sala do social da Audiencia Nacional, celebrouse o xuízo sobre o control horario no BBVA. A demanda iniciada pola CIG no BBVA, está en liña coa interposta por outros sindicatos en distintas entidades do sector, con sentenzas favorables á implantación de sistemas de rexistro. A empresa e todas as organizacións sindicais presentes no banco, acordamos o inicio dun proceso de negociación sobre o mesmo, que permita establecer e implantar un sistema de rexistro e control horario. Estes sindicatos solicitamos o control horario para unha supervisión efectiva das horas extraordinarias, que sexan compensadas ou pagas e informadas á representación sindical. A constitución da mesa de negociación levouse a cabo este luns pasado, 23 de Maio.



Moi Sra. nosa:

Hai bastante tempo que temos pendente resolver unha serie de temas que afectan de maneira moi importante ao persoal desta empresa.
A Representación Legal dos Traballadores no BBVA coincidimos en que, sabendo que non é posible abordar todos os temas de forma simultánea, si consideramos necesario pedir a apertura dunha Mesa de RR.LL onde podamos tratar e negociar, polo menos, tres dos que consideramos nestes momentos máis prioritarios, e que a continuación detallamos:
  • Actualización do plan de igualdade: Fomos pioneiros cun Acordo en 2005, ao que se lle deu continuidade cun plan de igualdade en 2010, introducindo elementos adiantados á Lei, para loitar por unha efectiva igualdade de trato e de oportunidades. Adquiríronse compromisos que, a día de hoxe, deron o seu froito, como é o avance na diminución da brecha de xénero en postos de dirección, así como noutras materias.
    Pero queda camiño por percorrer. Seguimos tendo problemas que resolver, de compatibilidade de horarios, de conciliación real, de flexibilidade, para que as mulleres sentan, sintamos, con verdadeiras posibilidades de desenvolvemento profesional. Hai que seguir avanzando e pornos novos obxectivos que nos axuden a concienciar de verdade na igualdade efectiva. E para iso confiamos en poder contar coa capacidade innovadora de BBVA que, en máis dunha ocasión, foi referente no sector.
     
  • Mellora da achega ao PPE. Como saberá, a día de hoxe, máis de dous terzos do persoal teñen un complemento de pensión, en forma de plan de emprego, cunha achega por parte do banco de 540,91 , conxelada desde o século pasado. É hora de mellorar decisivamente esta achega, que tan inxustamente discrimina á maior parte do persoal e que leva bloqueada tantos anos.
     
  • Acordo condicións colectivo BBVA Contigo. Este colectivo ten como función a venda de produtos bancarios e financeiros de activo, pasivo e intermediación, asesoramento financeiro, xestión de contas, etc. Aínda que, ao principio estaban situados en Departamentos específicos para iso, na actualidade, fan a mesma función pero situados en oficinas da Rede.
    As súas funcións, especialización e dedicación á mesma son semellantes ás exercidas polos Asesores Financeiros e Directores, con todo, e a modo de exemplo, non existe un acordo que regule a xornada e compensacións económicas para dita función, como si para Asesores Financeiros, segundo acordo de 2005. Regular as condicións do colectivo BBVA Contigo levaría a transparencia, claridade e aplicación uniforme do pactado, adecuándoo ao marco legal horario, evitando así, situacións discriminatorias subxectivas, postas en evidencia segundo persoas e territorios.
     

Agardando sexan atendidas e respondidas as nosas peticións, enviámoslle un cordial saúdo.

ACB · CC.OO · CGT · CIG · ELA · Intersindical-CSC · LAB · SEC · UGT




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 160612 [.pdf • 193 kB]


Ningún comentario: