Estase a cargar, agarde un momento por favor!

21 de abril de 2016

Xuízo na Audiencia Nacional pola demanda da CIG de rexistro horario e horas extras.
Haberá negociación

O 20 de abril celebrouse a vista pola demanda presentada pola CIG contra o BBVA, para que proceda á implantación dun sistema de rexistro da xornada real efectiva que realiza o persoal e, polo tanto, das horas extraordinarias.

Na propia sala chegamos a un acordo polo que a empresa se compromete a negociar a implantación dun sistema de rexistro antes do 30 de setembro do 2016.

Entendemos que é un avance importante grazas á nosa demanda. Pero lamentamos que a AEB, UGT e CC.OO modificasen o apartado das no rebaixando o seu valor.

Semella que, agora que avanzamos para que se rexistren as horas, ás empresas lles entrou a presa por rebaixar o seu «prezo»; mentres non as pagaron non houbo problema.
Tamén cremos que o convenio pon fin á polémica artificial creada por algún sindicato quedando claro o papel de cada quen nese «culebrón».

A CIG quere que se cumpra a xornada e que se paguen ou compensen as horas, como demostra a nosa demanda. Agora queda negociar coa empresa antes do 30 de setembro como será o sistema de rexistro.





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 160420 [.pdf • 203 kB]


Ningún comentario: