31 de marzo de 2016

Nova prórroga, irán a penaltis? 
Piden recortes, mentres eles se forran

Despois de que a patronal adiase a reunión prevista, o 31 de marzo fixo unha nova proposta de prórroga do convenio que foi aceptada por CC.OO e UGT. A «negociación« seguirá aberta ata o 20 de abril. O demais todo igual, os e as que se forran seguen pedindo recortes para o resto.

Da reunión do convenio pouco hai que contar, a patronal forzou un aprazamento da reunión, para logo propoñer unha nova. Semella que este convenio será de penalti.

A patronal segue defendendo a necesidade de abordar recortes nas condicións laborais para facer fronte á caída das marxes e ao incremento dos gastos. Curiosamente, o día anterior coñecemos da EBA (a Autoridade Bancaria Europea), que destacaba que no Estado español 119 banqueiros que cobran máis dun millón de euros ao ano, metéronse nos petos 284 millóns de euros. A EBA destacou que se incrementou nun 22% o número de banqueiros «cobróns».

Tamén segundo a EBA os salarios das direccións supoñen de media o 50% dos gastos de administración.

A nosa posición na mesa negociadora do é clara, o problema non é prorrogar, senón a intención da patronal de recortar que bloquea a negociación. E se hai que recortar, temos moi claro onde hai que meter a tesoira e non é para os e as de abaixo.

Señores banqueiros e directivos:
NON merecen o que gañan.
BAIXEN os seus salarios e RESPECTEN os nosos dereitos.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 160331 [.pdf • 149 kB]

Ningún comentario: