11 de febreiro de 2016

Un preacordo que recorta dereitos innecesariamente

CC.OO e UGT asinaron un preacordo coa patronal aceptando recortes salariais e de dereitos, metendo medo alegando que «quedamos sen convenio», debido á reforma laboral do PP pola perda da «». Con estes vimbios seguimos asistindo a unha reunión tras outra da mesa negociadora, no que alongan de xeito agónico a negociación até que asinen o «acordo».

Non é certo que estivera en xogo a ultraactividade e que iso obrigase a aceptar un preacordo que pon patas arriba o convenio e as futuras condicións laborais. Os mesmos sindicatos que alegan iso, gábanse noutros sectores das «sentenzas conseguidas» que garanten a ultraactividade (para mostra os comunicados adxuntos).

Ultraactividade

Pola súa parte, a patronal bancaria AEB, está utilizando as reunións da mesa para facer unha exposición fraudulenta para xustificar os recortes. Crerán que nos van convencer ao resto?

Na última reunión dixeron que «aos bancos atácaselle por todos os sitios: cláusulas solo, comisións polo uso de caixeiros, etc. Se ao sector non se lle concede a posibilidade de buscar rendibilidade, non ten posibilidade de subsistencia. En consecuencia a filosofía do non pode seguir como até agora: mellora de Convenio en Convenio até o infinito».

A patronal bancaria pon cara de can abandonado… para dar pena? A gran banca gañou un 7,3%  máis en 2015, cuns beneficios récord. Certamente, se miramos atrás, coincidimos en que non se pode mellorar convenio tras convenio, como fai exclusivamente a patronal en cada un deles.

Pouco máis hai que contar. A vindeira reunión está convocada para o 22 de febreiro e agardamos que deixen de sobreactuar. Se teñen un acordo, que o asinen e dean explicacións aos cadros de persoal.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 160211 [.pdf • 284 kB]

Ningún comentario: