Estase a cargar, agarde un momento por favor!

4 de febreiro de 2016

Pravda: A VERDADE

Conflito Colectivo horario:
Nós defendemos ao persoal do BBVA, outros deberían explicar porqué non o fixeron.

Somos conscientes de que para o BBVA resulta máis barato pagar as sancións das Inspeccións de Traballo pola realización de horas extraordinarias, que pagar as horas. Por iso a CIG decidiu presentar unha demanda de Conflito Colectivo na Audiencia Nacional contra o banco.

Na demanda incluímos como parte o resto de sindicatos: CC.OO, UGT, ELA, LAB, CGT, ACB e Intersindical-CSC, para que se queren podan sumarse e achegar o que estimen oportuno.

Non entendemos que outros sindicatos carguen contra a CIG por presentar a demanda contra o BBVA. CC.OO e CGT deberían dar explicacións: Por que presentaron denuncia contra outras Entidades, pero non contra o BBVA? Cal foi o motivo? Que culpa ten a CIG?

Por último, dicir que a CIG asistiu a todas as reunións da mesa negociadora, non cedemos aos recortes propostos pola patronal e mobilizámonos en 36 ocasións contra as pretensións da AEB. Outros cederon sen mover un dedo e asinaron un preacordo vergoñento e antidemocrático, sen consultarllo aos traballadores e traballadoras.



PD: Falando da Audiencia Nacional e de Bankia, varios dirixentes de CC.OO serán xulgados na sala 4 como beneficiarios das «Tarxetas Black». Iso si que merece unha explicación.




Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 160204 [.pdf • 220 kB]


Ningún comentario: