23 de febreiro de 2016

Manter o emprego: Con cláusula de EREs ou con medidas de reparto do traballo e contención dos obxectivos?

Na reunión do 22 de febreiro todo quedou no aire. Haberá nova reunión o 26, na que pode que «prorroguen» de novo a , pensamos que a expensas do que suceda no Convenio de Aforro (se alá se implanta a xornada partida, xa veremos aquí).

Malia ser unha reunión de trámite, para a nosa sorpresa un sindicato expuxo na mesa a preocupación polo impacto sobre o emprego que terá a dixitalización bancaria. Ante isto, defenderon que a cláusula do Convenio que regula os ERE's pase de ser unha disposición adicional temporal (co gallo da crise), a formar parte do corpo normativo e, polo tanto, de carácter indefinido. Consolidaría os ERE's nos bancos cando a nivel político fálase da derrogación das reformas laborais que os facilitan.

Para a CIG as únicas medidas para garantir o emprego son o reparto do traballo a través da redución de xornada implantando as 35 horas, rexistrar o horario como estamos demandando xudicialmente, acabando ademais coas horas extras e revisar de xeito pactado como se asignan os obxectivos comerciais. De aí que, ante os procesos que se aveciñan, a nosa plataforma xa recollese medidas nese senso.

Pola contra, as medidas que defenden as empresas buscan que traballemos menos persoas, máis horas e a uns ritmos endiañados. Iso destrúe emprego e impide a conciliación da vida laboral e persoal, poñendo a tecnoloxía ao servizo exclusivo das empresas. Se non, como é posible que canto maiores son os avances tecnolóxicos maiores sexan as xornadas laborais?

Por último, dicir que houbo quen xustificou os recortes previstos no preacordo, alegando que o XXIII deberá sentar as bases do que será o convenio único do sector financeiro do futuro. Tal e como dixemos dende o principio, ambos convenios están relacionados, por iso a CIG coordinou a súa actuación e as mobilizacións, non coma outros.




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 160223 [.pdf • 176 kB]

Ningún comentario: