Estase a cargar, agarde un momento por favor!

2 de decembro de 2015

A patronal enrócase e só o sindicalismo galego, vasco e catalán lle contestan

concentración dos delegados e delegadas da CIG na Coruña (1/12/2015)
Imaxes: CIG (cc) BY-NC-SA.
Concentración A Coruña 1/12/2015

Na reunión do 1 de decembro a patronal continuou enrocada: pretende impoñer o recorte nas pagas de beneficios, recortar os trienios, impoñer máis mobilidade xeográfica e novas categorías profesionais máis baratas. Só o sindicalismo nacionalista deu a cara, con novas mobilizacións conxuntas de ELA e LAB en Euskal Herria, da Intersindical-CSC en Catalunya e da CIG que se manifestou na .

Sen loita sindical non se consigue defender os dereitos laborais e moito menos conquistar novos, por iso a CIG está dando a batalla polo alá onde lle doe a patronal, fóra das entidades e das mesas onde mandan eles e poden ser prepotentes. As rúas son dos traballadores e das traballadoras.

A patronal presenta propostas durísimas que pretende que aceptemos mansamente. Iso é impoñer pero non negociar e así, aquí hai conflito.

«Fronte a tesoira da patronal, nestes 11 meses a CIG convocou 4 e 24 . No mesmo período os sindicatos estatais non convocaron nada.»

Semella que para algúns o acordo é un fin en si mesmo, cando debería ser un instrumento para mellorar as condicións laborais. Neste senso pretenden utilizar a «perda de ultraactividade» para ceder ante a patronal asinando un mal acordo.

Non nos merecemos cobrar menos por traballar o dobre, por iso seguiremos na rúa. Vindeira xornada de loita o 14 de decembro en , coincidindo coa seguinte reunión da mesa.





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   http://ir.gl/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       http://ir.gl/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]


Convenio Galego Xa!
Comunicado 150224 [.pdf • 622 kB]
Comunicado conxunto: , CSC, e

Comunicado 151130 [.pdf • 212 kB]


Ningún comentario: