18 de decembro de 2015

Horas extras: O 29 de decembro citáronnos no SIMA en Madrid co banco

Tal e como anunciamos, presentamos unha demanda para que o BBVA rexistre a xornada efectiva diaria de cada traballador e de cada traballadora, e para que rexistre as horas extraordinarias.
O 29 de decembro as partes estamos citadas no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe en .

xustiza

No acto de mediación do día 29 veremos a posición de cada quen fronte as horas extras ilegais, tanto do resto de sindicatos (que agardamos apoien a nosa demanda), coma da empresa.

Por parte da CIG, apostamos por unha solución negociada e acudimos á mediación co obxectivo de chegar a un acordo que remate coa fraude. O balón está no aleiro da Dirección.

Se non hai acordo, o seguinte paso xa sería a presentación da demanda ante a Audiencia Nacional.

Con esta demanda tratamos de poñer fin aos continuos abusos en materia de xornada e, unha vez máis, coma acontece no , só a CIG loita polos dereitos dos traballadores e traballadoras.

Trasladarémosvos toda a información do que suceda en .




➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Comunicado 151218 [.pdf • 174 kB]


Ningún comentario: