Estase a cargar, agarde un momento por favor!

31 de agosto de 2015

Polo dereito a unha Tarifa Eléctrica Galega

é unha das principais zonas produtoras e exportadoras de electricidade do Estado e temos que aturar os custes sociais e ambientais desta condición. Pero a cambio non recibimos ningún tipo de beneficio no prezo da enerxía, senón que soportamos as peaxes políticas que enchen a factura (custes de extrapeninsularidade, transportes, axudas ao carbón español… etc.) ao igual que calquera outro territorio non produtor. Somos solidarios/as, mais non obtemos ningún beneficio ao estar sometidos/as a unha tarifa única.

Para enfrontar esta inxustiza, a Confederación Intersindical Galega ten posta en marcha unha campaña en demanda dunha Tarifa Eléctrica Galega que garanta o dereito á enerxía das galegas e os galegos e permita abaratar o prezo da electricidade tanto para o consumo industrial como a nivel doméstico.


Contármonos cunha tarifa propia favorecería o noso desenvolvimento económico, beneficiaría ao nosos sectores productivos e facilitaría o mantemento da actividade e os empregos das empresas con grandes consumos enerxéticos instaladas no noso país (como ocorre co caso de Alcoa, tan de actualidade estes días) , asi como permitiría loitar contra a pobreza enerxética que sofren máis de 100.000 fogares galegos, que teñen dificultades para pagar o recibo a final de mes.

No marco desta campaña, a CIG impulsa unha «Iniciativa Lexislativa Popular de Medidas para Garantir a Enerxía como Servizo Público e Contra a Pobreza Enerxética», para levar este debate tamén ao Parlamento Galego. Para que isto sexa posíbel precisamos recoller, cando menos, 10.000 sinaturas. Se aínda non asinaches, non esquezas pasar por calquera dos locais da CIG onde atoparás a túa disposición os pregos para a recollida das sinaturas, o texto completo da ILP ou o díptico informativo sobre a iniciativa.

O prazo para a presentación das sinaturas remata o 30 de outubro e até entón dende a CIG organizaranse entrevistas cos diferentes sectores produtivos do país, promoveranse mocións de apoio nos concellos e actos públicos para dar a coñecer o contido da Iniciativa Lexislativa Popular.



Podes botarlle un ollo ao vídeo-documental[.mp4 · 68'5 MB] que vimos de editar no que se explica como é o sistema enerxético español, como se «constrúe» a tarifa eléctrica e cales son as propostas da CIG. Non deixes de visitar a nosa páxina web para estar ao día.

Asina e difunde, porque temos dereito a unha Tarifa Eléctrica Galega!



Ligazóns relacionadas:


Diptico Tarifa Eléctrica 1 [.pdf · 15'7 MB]

Diptico Tarifa Eléctrica 2 [.pdf · 12'3 MB]


Ningún comentario: