16 de xuño de 2015

Sendo a banca o sector coas maiores fendas salariais, as propostas da AEB ampliaríanas máis

Pasan os meses e as reunións, aparentemente a negociación segue igual coas posturas moi distantes, como se constatou na reunión do 11 de xuño. Pero os bancos continuaron coa súa carreira de desregulación e reestruturación do sector. Agora cun plan piloto do BBVA para eliminar os postos de caixa e as operacións en efectivo; o 16 de xuño para protestar, hai que parar ao BBVA.

A realidade pois é distinta do que sucede na Mesa en Madrid, onde a patronal teima nas súas propostas:

Din que o sector financeiro ten un salario medio dobre ao do conxunto de sectores do Estado. Será polas continuas subas dos salarios das altas direccións. Un directivo cobra o que 104 traballadores e traballadoras do banco.

Opinan que a aplicación do índice RAE do sector é o que mellor representa ao sector. Pretender vincular o noso salario base a súa xestión é ridículo, temos dereito a cobrar polo noso traballo.

Din que non podemos obrigalos a asinar conceptos que consideran obsoletos. Nós consideramos obsoletas as brutais diferenzas salariais entre os de arriba e os de abaixo, unha fenda que se amplía día a día.

Queren outra fórmula de cálculo para as pagas de beneficios… Para non pagalas.

Din que os trienios non son un patrón salarial. O que non ten sentido é cobrar un salario incerto por un traballo certo.

Teiman en crear novas categorías profesionais máis baixas (para que a masa salarial fixa sexa menor nos novos) e que traballen a «comisión».

A AEB esquece que na Banca é onde maior é a fenda salarial entre os de arriba e os de abaixo, e entre homes e mulleres. Coas súas propostas de desregulación salarial e máis peso para os salarios extra-convenio a fenda ampliaríase aínda máis.



    Fenda Salarial BBVA 2014
Fenda Salarial BBVA 2014
Fonte: El País



➤ Temos unha canle en Telegram, che convidamos a seguirnos por se queres estar ao tanto das novas tan axiña se produzan; Únete!





Súmate a CIG! Afíliate!
Folleto   https://i.gal/Afiliate [.pdf • 182 kB]
Folla       https://i.gal/AfiliateCIG [.pdf • 1'09 MB]




Convenio Galego Xa!
Comunicado 150611 [.pdf • 157 kB]

1 comentario:

CIGBBVA dixo...

https://plus.google.com/116939297588880444190/posts/ApXxyqxJdSg